miércoles, 15 de marzo de 2023

O ANIVERSARIO DE MATEO E OUTRAS COUSAS

     Ultimamente temos moitas que contar na Pementeira. Este trimestre está resultando ser moi movidiño, con moitas actividades diferentes, moitas celebracións e non temos tempo de aburrirnos.

   Onte celebramos o aniversario de Mateo Bello, que realmente cumpliu anos o venres pero como estivo enfermo non veu ao cole. Agora xa temos outro pementeiro de catro anos na clase. Como facemos habitualmente, en primeiro lugar o protagonista do día apaga as candeas, despois cantámoslle o cumpleanos feliz e, por último, disfrutamos das deliciosas galletas que Mateo quiso compartir cos compañeiros/as. Tamén lles trouxo un pequeno agasallo a cada un que el mesmo lles entregou e que, obviamente, lles gustou moito.


































   Pero non só celebramos aniversarios. Seguimos recibindo cousiñas para o recuncho de Egeria, lendo moitas cousas interesantes, pasando lista (xa se nota moito avance e hai moitos nenos e nenas que xa identifican gran parte dos nomes dos compañeiros e compañeiras e iso é fantástico), facemos a suma cos nenos e nenas que faltan cada día, cantamos e bailamos e, por suposto, ademais de traballar sempre nos queda tempo para xogar.

          

           






    Hoxe a exploradora xefa foi Carmen e pasou lista requetebén e despois fixo unha suma. Lemos un conto sobre Exipto e, a continuación, fixemos unha actividade impresa sobre ese país tan interesante.


















    E hoxe levou Mateo o Libro dos Nomes, que tiña moitas ganas a verdade. Espero que o disfrute moito ata o venres para que despois o leve outro compañeiro.


1 comentario:

OPERACIÓNS MATEMÁTICAS

    As mates están presentes no nosos día a día. Constantemente facemos cálculos e os nenos e nenas tamén, de xeito instintivo e con natural...