Esta semana, na Pementeira, estivemos moi animados e moi activos. Xa sabemos que houbo moita xiada polas mañáns, pero... ¿quen dixo frío? nós sabemos ben como podemos activar o noso corpo para entrar en calor e empezar o día con moita enrxía e bo humor. Cantamos e bailamos xuntos e así pasámolo ben, aprendemos inglés, traballamos a atención e a coordinación, melloramos o sentido do ritmo e creamos un sentemento de equipo para estar a gusto no cole e traballar con máis ilusión.
A música está sempre presente na Pementeira. Cando é posible, gústanos facer certas tarefas con música de fondo. Os nenos e nenas de vez en cando pídenme unha ou outra canción. Por exemplo o "Nocturno" de Chopin, "Aire" de Bach ou "Imagine" de Lennon. Pouco a pouco, vou introducindo músicas diferentes, de culturas máis ou menos lonxanas a nós, de épocas distintas, máis ou menos lentas ou movidas, fomentando na medida que podo o achegamento a un repertorio o máis variado posible para ir descubrindo qué estilos lles gustan máis, ou qué melodías lles axudan máis a relaxarse ou activarse... Encántame ver a súa evolución, por exemplo coa música clásica que, ao principio, parece que non lles atrae moito pero co paso do tempo xa a van integrando e, de feito, xa a piden eles/as.
Estamos facendo unha actividade para conmemorar o Día da Muller. Coa intención de recoñecer a importancia das mulleres ao longo da Historia, tendo en conta que apenas se fala delas nos libros de texto (e memsmo nas aulas en moitos casos), elexín a unha artista ucraniana, María Prymachenko, unha pintora autodidacta e intuitiva, filla de campesiños, que desenvolveu un estilo cheo de cor, de debuxos simples que xogan co ritmo e as simetrías, e que buscaba alegrar ao espectador. Ela dicía que pintaba flores e paxaros porque eran cousas que alegraban á xente. A invasión rusa en Ucrania está provocando perdas terribles en todos os sentidos, principalmente en vidas humanas e en liberdades, pero tamén en cultura. En 2022 un bombardeo ruso destruiu o Museo onde se atopaban as obras de María Prymachenko, de esta maneira non só se ataca a arte, a producción dunha artista en concreto, senón tamén se produce un ataque directo ás tradicións ucranianas e á súa memoria. Destruíndo as expresións artísticas e culturais dun pobo, destrúese a súa identidade, a súa idiosincrasia, a súa historia... o que nos define como seres humanos e como pobos. Por iso, tiña ganas de facer unha actividade que unira a conmemoración do Día da Paz e o Día da Muller, presentando a esta artista e a súa obra. Xa vos irei mostrando máis cousiñas. Pero, ata o de agora, aquí vos deixo uns paxaros cheos de cores.
Aileen marchou moi contenta co "Libro dos nomes". Espero que o disfrute moito na casa coa familia. E Noa trouxo un libro moi interesante para o recuncho do Proxecto Egeria.
Aileen vino muy ilusionada, ya no quería ni parar en el parque solo quería volver a casa para enseñarme el libro! Lo disfrutamos muchísimo!!! Quería felicitarte por el trabajo que hiciste con el libro, es precioso!!! Un saludo 😊
ResponderEliminarQué alegría me das! Hago estos materiales con mucha ilusión y sé que ellos/as tienen siempre ganas de llevarlos a casa porque compartir las cosas del cole con vosotros les encanta, y cuando ven que mamá y papá juegan con ellos y pasan un rato viendo lo que llevan del cole lo disfrutan mucho. De hecho algunos/as ya me piden que se lo vuelva a dejar. Pero el hecho de que las familias valoren de verdad estas actividades que son hechas para motivar, que implican un trabajo en equipo en el que cuento también con vosotros, para mi es muy gratificante. Sé que es bueno para los niños/as y es lo que importa, pero agradezco mucho estas palabras que me dices, de verdad. Muchas gracias por tu comentario y por valorar tan positivamente estas actividades.👏👏👏😍
Eliminar