Esta semana, nas nosas viaxes polo mundo, descubrimos un ave moi fermosa, con cores vivas, plumas longas e que habita en América Central en varios países, entre eles Guatemala, Costa Rica, Panamá, Honduras, México e tamén se pode atopar en América do Sur: o QUETZAL. Para as civilizacións maya e azteca era un paxaro sagrado.
Como a nós nos gustan moito as poesías, e ademais o pasado día 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía, lemos unha sobre o quetzal que está dentro do libro Abezoo, que é moi interesante.
Seguimos coas nosas rutinas cotiáns, pasando lista, contando, poñendo data... A verdade é que se nota moito avance no grupo, cada día se mostran máis seguros/as, contan mellor, recoñecen máis nomes... e o que máis me alegra é que cada vez máis nenos/as saen voluntarios para facer o panel e se mostran moi autónomos/as. Agora estamos incluíndo unha breve presentación e un diálogo (un pequeno xogo de preguntas e respostas) para que vaian collendo soltura para falar en público, respectar turnos, empregar fórmulas de cortesía e, mesmo, practicar preguntas e respostas en inglés. A verdade é que o pasamos moi ben e eles/as disfrutan moito e, sen darse conta, están aprendendo moitas cousas.
E seguimos rematando cousiñas que temos pendentes porque xa vai rematar o segundo trimestre! O tempo pasa voando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario