viernes, 10 de marzo de 2023

8M E MÁIS COUSIÑAS

    O mércores 8 de marzo, como todos e todas sabedes, conmemoramos o Día Internacional da Muller. Nunca é demasiado cedo para tratar de inculcar nos nenos e nenas un sentemento de recoñecemento consciente e respectuoso cara as mulleres, mulleres que están presentes no noso día a día como as nosas nais, irmáns, compañeiras, mestras, amigas, veciñas ou mulleres que deixaron  a súa pegada na Historia como Indira Gandhi, Valentina Tereshkova, Egeria, Nellie Bly, Wangari Maathai por citar algunhas das que traballamos dun xeito ou outro na aula (sabendo por suposto que hai moitas máis que son tamén dignas de mención).

        Para rendir unha homenaxe a moitas mulleres loitadoras, creativas, con ideas propias, este curso imos pintar un mural no patio coa finalidade de aunar dúas conmemoracións importantes como son o Día da Paz e o Día da Muller. Sabemos que nos casos de conflictos armados, as mulleres saen na maioría das ocasións mesmo peor paradas que os homes que combaten no frente. Non se trata de comparar, por suposto, pero sí de resaltar que aínda que non se fale delas en relación as guerras que se desenvolven no mundo, elas están sufrindo tanto ou máis que os homes e de moitas maneiras diferentes. Por iso para este mural do patio seleccionei dúas pinturas de dúas mulleres, unha ucraniana e unha palestina, dúas mulleres de dous países que viven conflictos armados: María Prymachenko e Azza Shaikh Ahmad



     Ata o de agora o mural está nun estadio inicial pero espero poder saír cos pementeiros e pementairas para que participen na súa elaboración, deixando as súas pinceladas na parede do patio (como fixemos xa en varias ocasións, concretamente nos tres últimos anos. Mentres tanto, na aula, estivemos coñecendo algunhas pinturas destas dúas artistas e coloreando para decorar o noso corredor. O "Paxaro de sol, trigo e centeo" de María Prymachenko xa o coñecedes porque xa o compartimos nunha entrada anterior pero tamén estivemos coloreando algúns debuxos de Azza Shaikh Ahmad.


















 Como vedes, estamos enchendo os corredores de cores e de valores.
Tamén, os nenos e nenas, fixeron o debuxo dunha muller para insistir nesa valoración das figuras femininas na historia e nas nosas vidas. Cada un  debuxou a queb quixo, non sei se todos/as tiñan claro a quen debuxaban pero podedes preguntarlles a ver que vos contan.






    E unhas mulleres voluntarias e participativas quixeron facer unha foto para mostrar a súa forza e a súa personalidade, cun sorriso nos beizos e o seu debuxo nas mans. Desde aquí mandamos forza a todas as mulleres do mundo.







    Pero ademais do Día da Muller, fixemos moitas máis cousas ao longo da semana (non todo o imos mostrar hoxe, claro) e tamén houbo tempo de facer actividades lúdicas e de ler libros. Foi unha semana con moita variedade de cousas e moi divertida. E, qué mellor cousa que compartir xogos e actividades diversas sen estereotipos de xénero, convivir nos mesmos espazos en igualdade e mostrar alegría todos e todas xuntas, para medrar sen prexuicios e fomentar o respecto mutuo. No día a día é como podemos educar en igualdade e todos e todas deberíamos comprometernos con isto, non só o 8 de marzo.














































    Antía tróuxonos uns libros moi interesantes para o recuncho de Egeria e Gael levou para a casa o "Libro dos Nomes".




No hay comentarios:

Publicar un comentario

OPERACIÓNS MATEMÁTICAS

    As mates están presentes no nosos día a día. Constantemente facemos cálculos e os nenos e nenas tamén, de xeito instintivo e con natural...