viernes, 26 de marzo de 2021

CHEGOU O COELLO DE PASCUA!!!!

    Non estábamos moi seguros pero finalmente hoxe tivemos unha sorpresa. A verdade é que algunha esperanza de que viñera o coelliño de Pascua tiñamos, xa que onte os nenos da aula da profe Eva atoparon pelos de coello no patio pero hoxe non escoitabamos ningún ruido nin nada e pensamos que igual non puidera vir. Cando estabamos merendando fóra pasou un helicóptero  pareceunos ver unhas orellas de coello pola ventaniña pero como ía bastante alto non distinguíamos moi ben e ao mellor era o piloto que tiña unhas orellas moi grandes. Pero o caso é que despois da merenda empezamos a escoitar alboroto e vimos que empezaban a sairtodos os nenos e nenas correndo a buscar ovos de chocolate, así que, como imaxinaredes, os pementeiros/as non ían ser menos e sairon como chispas. Eu o único que vos digo é que non sei por qué, pero de súpeto viñeron á miña mente imaxes do San Fermín.




































   E como hoxe o protagonista do día era o coello de Pascua, pois tamén fixemos unhas máscaras e a Pementeira encheuse de coelliños.












    E, por suposto, hoxe era o día de entregar traballos e notas. Todos os nenos e nenas tiñan ilusión por levar as súas bolsas a casa  para mostrarvos unha parte do traballo do trimestre. Espero que as mamás e papás recibírades con ilusión todo o que levaban e que valoredes moito os esforzos feitos nestes meses de actividade no cole.































   Todos os nenos e nenas fixeron progresos e ainda que tivésemos algún día máis complicado con conflictos concretos (que me encantaría que non existiran, claro) tamén é certo que houbo moitas experiencias interesantes, actividades variadas que nos fixeron pensar, lecturas emocionantes, música que nos fixo sentir emocións, viaxes imaxinarios e mil cousas tremendamente positivas. Quero felicitar a todos os nenos e nenas que  se esforzaron, que puxeron os seus cerebros a pensar, que quixeron participar e disfrutar no cole, que bailaron e seguiron o ritmo, que quixeron xogar en equipo, que miraron os libros con ollos cheos de curiosidade, que pintaron empregando as cores con emoción, que aplaudiron os contos que lles lin e reflexionaron sobre os temas dos que falamos cada día. O trimestre tivo algunhas pequenas interrupcións e quizá a situación que esaos vivindo dificultou algunhas dinámicas no cole pero a verdade é que foi un trimestre intenso do que podemos todos aprender moito.

   Espero que voltemos cheos de ganas de seguir investigando e aprendendo xuntos.Disfrutade moito da Pascua!!!!





XORNAL E LEÓNS

   Por fin recibimos o segundo exemplar de "Novas de Infantil" deste curso 2023-24. Tardou un pouquiño máis do previsto (a pesar d...