viernes, 19 de marzo de 2021

COUSAS DA NATUREZA

    Levamos xa un tempo traballando varios temas que teñen que ver co coidado do noso planeta, coa necesidade de respectar a biodiversidade, falando da deforestación e desertificación da terra, dos animais en perigo de extinción... Así que este é un bo momento para achegarnos a unha personalidade Ubuntu que non é especialmente coñecido pero  o seu traballo é absolutamente admirable: YACOUBA SAWADOGO. O caso foi que os nenos e nenas da aula de 4-5 anos da profe Eva elaboraron unha noticia moi interesante sobre este home de Burkina Faso coñecido como "O home que parou o deserto". E como eu teño algunhas cousas de Burkina na casa, pensamos que era boa idea levalas ao cole para que todos poideran ver unha máscara e un sombreiro do país africano no que vive Yacouba Sawadogo.

   Primeiro falamos un pouco da figura e a labor de Yacouba Sawadogo, que emprega a técnica Zaï para plantar alubias, guisantes, sorgo, plantas aromáticas... A técnica Zaï consiste en facer uns buratos na terra que recollen a auga da chuvia, neles métese esterco e compost e despois as sementes. Esas "pociñas" de auga permiten que as sementes teñan unha pequena reserva de auga para ir xermolando. Pero non só é importante o traballo de Sawadogo preparando o terreo para sementar porque hai alguén máis que axuda: as termitas. Cando estes insectos ulen o compost e o esterco, achéganse aos buratos e van excavando túneles que son como pequenas tuberías que axudan a airear o  terreo e a filtrar a auga. "O home que parou o deserto tamén empezou a plantar árbores arredor da horta. As árbores frean o vento, dan sombra e así baixan a temperatura do terreo e axudan a regular o clima "atraendo" a choiva.


  Despois fixemos unha actividade impresa recollendo algúns datos básicos sobre esta personaliade Ubuntu.





















    E hoxe estivemos vendo unha máscara-paxaro Bwa de Burkina Faso (onde naceu, vive e desenvolve o seu proxecto Yacouba Sawadogo) e un sombreiro Mossi do mesmo país.
    Burkina é un país cheo de cousas interesantes. No entroido estivemos vendo na aula algunhas imaxes e vídeos do Festival de Máscaras que se celebra alí e comprobamos as similitudes que hai entre os disfraces dos peliqueiros, volantes ou boteiros e os de Dèdougou. Por outra banda, de Burkina era o carismático Thomas Sankara, que supoño que moitos de vós coñeceredes, unha figura política que levou a cabo importantes iniciativas de carácter social no seu país e que lle cambiou o nome, de chamarse Alto Volta pasou a ser Burkina Faso que significa "o país dos homes íntegros", ¿pode haber un nome máis fermoso para un país?.
   Aproveitando que estábamos un pouco centrados, aproveitei para mostrarlles tamén unha pedra volcánica do Etna e restos de lapilli, esa "area" ou pedriñas de pequeno tamaño que van caendo cando o volcán entra en erupción. Como un día estivemos falando dos volcáns porque fai pouco o Etna entrou en erupción, díxenlles que eu podía traerlles estas cousas si querían velas e parecían moi emocionados, pero cando llas mostrei non lle fixeron nin caso, ¡non me dou tempo nin de explicarlles nada nin de sacarlles unha foto mirando a pedra volcánica do rápido que a pasaron dunha man á outra sin mirala siquera! ¡como si fora obligatorio collela na man e seguir a cadea de transmisión!. Sin embargo, nesta ocasión parece que quixeron adicarlle un pouco máis de tempo a observala e, de feito, comentaron que se parecía ao carbón que traen os Reis Magos, algún dixo que lle recordaba a un cerebro (aínda que o cerebro é máis blandiño e menos negro)... Gústame escoitar as súas reflexións e sempre lles insisto en que quero que teñan un pouco de paciencia, que observen as cousas, que pensen sobre elas, que deixen que saian ideas porque cando están tan inquedos non lles da nin tempo a que o seu pensamento vaía fluíndo.








    E como a labor de Sawadogo é importante e fundamental para frenar a desertización, nós tamén queremos experimentar esa sensación de plantar na horta do cole. Nesta ocasión imos plantar de verdade, non como na nosa noticia de Namibia na que fixemos unha simulación do traballo da nosa ONG Tembo na Costa dos Esqueletes, tratando como Sawadogo de parar o deserto.
   Así que estivemos observando algunhas plantas aromáticas como o incienso, a menta, a melisa ou o fiuncho, mirando a forma das follas, as cores, percibindo os aromas e procedendo despois a plantalas na horta.






























Bo fin de semana e feliz día do pai!!!

2 comentarios:

  1. ir al huerto siempre es divertido!! ojalá les haya gustado
    que interesante la piedra de lava, lapilli, ahora me quedo con el nombre
    absolutamente Ubuntu Yacouba Sawadogo y de Burkina Faso, tampoco conocía la historia ni a thomas Sankara así que gracias por aportar tanto.

    a ver qué tal esta semana después de cargar las pilas con este festivo tan bien puesto y, sobre todo, con la Pascua que ya está ahí.. aunque este año, una vez más, no haya emoción por los cachivaches ni por las fiestas

    un besiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues por lo de pronto, hoy tuvimos un lunes fantástico así que a ver si conseguimos mantener esa línea. El huerto les gustó, claro, lo bueno de este grupo es que una vez que hacemos algo siempre reconocen que les gustó y que lo pasaron bien, lo malo es que muchas veces cuesta empezar y es difícil convencerlos de que si nos organizamos hacemos las cosas mejor y las disfrutamos sin enfados... Ahí estamos, intentándolo. Pero lo pasamos bien el jueves y hoy otra vez... Si te interesa Sankara, te recomiendo un libro estupendo, El caso Sankara de Antonio Lozano, es una novela pero con muchos datos y probablemente muy cercana a lo que realmente pasó en Burkina, muy interesante. Hay mucha documentación, artículos, documentales y de todo sobre Sankara porque fue un auténtico líder revolucionario que se enfrentó abiertamente a Francia y el colonialismo. En fin, por si de repente te apetece🤗

      Eliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...