miércoles, 10 de marzo de 2021

O CUMPLE DE VALENTINA

  Despois de conmemorar o Día da Muller, tocaba celebrar o aniversario dunha pequena muller pementeira que xa ten 6 anos: Valentina. Nesta ocasión disfrutamos a primeira hora dun conto moi, moi interesante sobre o que estivemos falando e reflexionando moito porque conta unha historia moito máis real do que os pementeiros/as poden imaxinar. Valentina, e a súa familia, decidiron aportar este libro, EL MURO, á aula para facer que este día fora un pouco máis especial. Aos peques sempre lles fai ilusión traer cousas da casa para mostranos parte da súa vida, ilusións e intereses. Como este curso é tan complexo, falamos previamente para recoller o libro con antelación, telo en cuarentena varios días e así evitar calqueira tipo de problema que poidera xurdir do feito de traer algo dun domicilio (como xa fixemos en casos anteriores, eu pásolle un pano con desinfectante, queda uns días no armario e listo). Eu agradecinlle moito a elección deste conto porque é unha historia que ten moito que ver co Proxecto Ubuntu e nos permite traballar sobre os valores que van implícitos no noso proxecto de traballo: o respecto ás diferencias, a importancia de cada persoa dentro dunha comunidade, a necesidade do traballo en equipo, o recoñecemento das habilidades de cada un... Animádevos a preguntarlle aos vosos fillos/as sobre o conto, a ver se recordan a historia narrada e as reflexións que fixemos xuntos na asamblea. Fixádevos que bonita frase aparece debaixo do título: Os muros sepárannos pero o futuro constrúese coa axuda de todos", e así é, ¡que importante é darse conta de que cando todos nos unimos, traballamos xuntos e nos respectamos, acadamos grandes obxectivos!


   Despois, como é habitual, Valentina apagou a candea co número 6, escoitou a felicitación dos compañeiros/as, agasallou aos pementeiros/as cunha caixa de galletas, e recibiu os eloxios no círculo que fixemos no patio aproveitando que estaba un día soleadiño.

 






























     Como é habitual, empecei eu mesma coa ronda de eloxios e díxenlle a Valentina:
  •   Gústame moito que participes nos retos, que che guste investigar e que non teñas medo a contestar ás preguntas que eu plantexo na aula. Gústame que respectes as normas da aula porque iso nos axuda a todos a ter un ambiente máis agradable na aula e a aprender máis. E gústame ver a túa alegría e satisfacción cando che felicito por un traballo ben feito.
  Despois os compañeiros/as dixéronlle cousas como:
  •    Gústame como te comportas.
  •    Gústame como coloreas.
  •    Gústame como fas ioga.
  •    Gústame como corres.
  •    Gústame como saltas.
  •    Gústame ser o teu amigo.

5 comentarios:

  1. Gracias por la celebración en el cole!! le hizo mucha ilusión. Con estos 6 años se siente taaaan mayor!!! y me alegro de que el cuento os haya gustado y sirva para reflexionar..

    gracias, un besiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. El cuento es estupendo, hicimos una buena reflexión aunque tengo que decir que me cuesta hacerlos pensar, pero poco a poco fuimos sacando conclusiones y creo que finalmente entendieron lo que trataba de transmitir. Está muy bien que podamos contar historias como esta, y os animo a todas las familias a leer mucho con los niños y a hablar mucho sobre lo leído porque es necesario que entiendan los relatos, es el primer paso para ser buenos lectores en el futuro. Gracias María por el libro! Una gran elección, yo tengo uno similar que se titula "sin agua y sin pan" también interesante, pero éste me gustó mucho realmente. Gracias.

      Eliminar
  2. Felicidades Valentina!!
    Sorprendentemente Pablo nos habló del libro y el trabajo de clase.
    Parece que le hizo pensar,nos encanta cuando nos cuenta lo que hizo en clase.
    Un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hoy llegó taaaan contento porque investigó el reto y nos lo contó a todos y estaba super-orgulloso.Fue lo primero que me soltó ya desde la puerta de entrada. Me está costando que me escuchen, que atiendan y que recuerden los retos y me encanta cuando los veo entrar y ya me miran y me dicen lo que traen o lo que investigaron. Genial! Pablo, con todo lo inquieto que es, también es muy sensible, el día que estuvimos leyendo el poema de Rosalía y lo fui explicando y hablamos de la gente que echábamos de menos, se le saltaron las lágrimas, yo me quedé fría porque vi que realmente estaba pensativo y emocionado y quizá no lo esperaba de él, entonces le pregunté si estaba triste, si estaba pensando en alguien, y me dijo que echaba de menos a Cris. Hablamos de que es normal echar de menos a la gente que no está con nosotros, o que hace tiempo que no vemos, y que no pasa nada por tener ganas de llorar. Es una parte realmente bonita de esta profesión ir viendo como van surgiendo emociones en el cole y como, cuando comprenden algo (un cuento, un poema, una canción...) pueden sentir cosas diferentes. A veces hay historias que aunque pensemos que no son tan divertidas como un juego de la tablet, les llevan a descubrimientos mucho más importantes. Me alegra ver que hay cosas que van quedando en sus mentes! Gracias por compartirlo!!!

      Eliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...