viernes, 12 de marzo de 2021

O CUMPLE DE SARA

   Hoxe, de novo, celebramos un aniversario na Pementeira: o de outra pequena muller chamada Sara que xa entrou neste clube dos 6 anos. Onte tivemos un día un tanto difícil na aula e nin un cumpleanos lles viña ben, pero hoxe empezamos con moito mellor pé porque creo que se deron conta de que onte, a pesar de que decidiron eles o que querían facer, non o pasaron nada ben. Así que hoxe voltamos ás nosas rutinas con cancións, un conto que lles gustou moito, algún traballo de mesa e a celebración deste aniversario que eu, a verdade, quería celebrar con todo o grupo porque sei que todos teñen ganas de ser os protagonistas do día.

    Así que Sara, ben contenta, colocou a súa coroa de raíña. soplou a candea con total precisión(de feito repetimos a xogada porque foi tan rápido que ata dubidaba si me saira a foto), escoitou a canción que lle adicaron os compañeiros/as e atendeu aos elexios que todos lle dixemos no círculo (que hoxe fixemos dentro da aula porque chovía).




 



No círculo dos eloxios, como é habitual eu funa primeira en dicirlle a Sara o que me gusta dela:

  • Gústame cando decides prestar atención a unha tarefa e ves que a podes facer perfectamente, entón cando che felicito ou che poño o selo, móstrasme unha cara alegre que me transmite a túa satisfacción e iso é estupendo, verte feliz polo traballo ben feito. E tamén me gusta cando estás xogando no equipo sin discutir ou enfadarte cos compañeiros/as.

A continuación, o resto dos pementeiros/as dixéronlle a Sara cousas bonitas como:

  • Gústame como traballas.
  • Gústame como xogas.
  • Gústame ver como xogas coas túas amigas.
  • Gústame como pintas.
  • Cando te comportas ben, póñome alegre.
  • Gústame como saltas.
  • Gústame xogar contigo.
















  A verdade é que hoxe foi un día moito mellor que onte e celebrar cumples sempre é bonito porque eu sei que estes nenos/as teñen xa moitas ganas de ter 6 anos. Así que espero que poidamos seguir celebrando xuntos moitos cumples e que tamén todos eles teñan ganas de seguir compartindo eses momentos cos amigos/as do cole.

  Ademais do cumple, hoxe fixemos moitas máis cousas, pero este momento é o de Sara e mañán xa vos contarei máis actividades que fixemos. Teño moita confianza en que poidamos rematar a semana con alegría e disfrutando xuntos no cole.


2 comentarios:

  1. felicidades Sara!!! qué mayores se van haciendo!! confiemos en que se vayan "reconduciendo"... me sorprendió cuando dijo Valentina que no se había podido celebrar el de Sara porque no se estaban portando bien, debe estar la cosa realmente complicada!

    ánimo y ya fin de semana, para coger fuerzas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bueno, estamos valorando distintas cosas, por ejemplo están explorando si les conviene hacer todo el rato lo que ellos quieren o es mejor que yo organice un poco las actividades del aula. Al final creo que vieron que no se lo habían pasado nada bien el miércoles y el jueves ya fue todo mucho mejor y el viernes fue estupendo, nos dio tiempo a hacer un montón de cosas y nos lo pasamos muy bien en el cole. Ellos mismos reconocieron que se lo pasan mucho mejor cuando me permiten planificar la clase. A ver si mantenemos esta idea mucho tiempo😅😅😅

      Eliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...