O venres pasado foi un día espectacular. Xa compartín o traballo da noticia que elaboramos entre todos, os retos investigados, pero tamén tivemos tempo de facer outras cousas. Empezamos a traballar algunhas cousiñas sobre os ríos de Galicia e para iniciar o tema lemos un conto que lles gustou moito titulado "Lupa, a troita que quería vivir no mar" (xa vos contarei dentro de pouco máis cousas sobre isto). E outra das cousas que fixemos, e que a min me entusiasma, é que tivemos tempo de disfrutar da música. Na Pementeira sempre hai música e unha das nosas composicións de música clásica favoritas é sin dúbida a 5ª Sinfonía de Beethoven, sobre todo se a toca David Garret co seu violín e acompañado dunha guitarra eléctrica que lle da un toque moi heavy.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
martes, 16 de marzo de 2021
5ª SINFONÍA DE BEETHOVEN
E agora se queredes ver en acción aos pementeiros/as, dádelle ao play no seguinte vídeo e comprobaredes canto se aburren con Beethoven!
E aproveito esta entrada para compartir unhas fotos que nos trouxo Julia de Oporto, da Librería Lello que se conta que foi unha inspiración para J.K. Rowling cando escribiu as historias de Harry Potter. Rowling vivu en Oporto durante un tempo e seguramente a beleza desta librería a deixou tan impresionada que quiso plasmala na súa obra. Julia estaba feliz de mostrarlle aos compañeiros/as as súas fotos dentro da librería e contounos que tamén mercou un libro alí.
¡Encántame que me conten as súas viaxes estes pementeiros/as! Sempre hai cousas fermosas e interesantes que descubrir polo mundo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
25N
O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...
-
O tempo pasa voando, iso é máis que evidente. Rematou o Nadal e inos como foguetes cara o Entroido. Hoxe os nenos e nenas xa levaron par...
-
Na Pementeira, cada día se van percibindo novos avances e, en certas tarefas, xa se nota moita máis seguridade e confianza. É certo que...
-
¡Por fin logramos facer o noso volcán pementeiro! Xa levábamos tempo falando do volcán e eu intentando crear o momento preciso para facelo ...
cómo para no disfrutar con ese ritmo!!! qué bien lo pasan..
ResponderEliminarValentina también estuvo en Leio pero no se acuerda.. así que me discute que la que fue es Julia, que ella no!!! no veas la rabia que me da.. menos mal que tengo todos los libros que compramos con el sello para demostrárselo ;)
ya nos iremos enterando de la historia de Lupa y de los ríos..
un besiño
Que ritmo tienen est@s pementeiros.
ResponderEliminarEstupenda manera para que se acostumbren a la música,a mí me encanta.
Esperando con muchas ganas en casa que nos cuente sobre la historia de Lupa y los ríos de Galicia.