Durante esta semana realizamos diversas actividades na aula que requeriron un certo tempo e como houbo cumples que celebrar aínda non compartira nada no blog. Así que agora chegou o momento de compartir convosco algunhas cousas.
En primeiro lugar, o xoves chegaron dous pementeiros ao cole moi contentos porque se acordaron de investigar os retos que eu levaba varios días plantexando.
O primeiro reto consistía en averiguar a historia do nome dunha flor, o narciso. ¿Quen era Narciso?. Pablo Canabal contounos a historia este personaxe da mitoloxía grega: Narciso era un mozo moi fermoso do que todo o mundo se namoraba, pero el rexeitaba a todas as súas pretendentes. A ninfa Eco (que fora condenada por Hera a repetir o que dicían os demáis) tamén se namorou del, pero despreciada escondeuse en nunca máis se viu, só quedou a súa voz. Narciso namorouse do seu reflexo na auga, pero finalmente acaba afogando e nese lugar brotou un narciso.
Con esta bonita historia, falamos do eco, por qué se produce ese fenómeno, e aproveitamos para coñecer unha pintura de Caravaggio que representa ese mito. Seira tamén nos comentou que o narciso lle recordaba a outra flor chamada Botón de ouro e tróuxonos unha para que a víramos todos na aula.
O outro reto tiña que ver cunha noticia que lemos no xornal en relación cos animais en perigo de extinción.
Nesta noticia lemos que na Costa dos esqueletes en Namibia quedan xa pouquiños elefantes debido á escasez de auga e alimento. O reto consistía en averiguar por qué esta zona de Namibia se coñece como Costa dos esqueletes. Seira explicounos que é porque alí a causa das correntes no mar, as néboas e os fortes ventos encallan moitos barcos que non son capaces de voltar a alta mar, co cal acaban abandonados na costa, Os mariñeiros co fin de saír de alí ou pedir axuda camiñan por este deserto e debido ás altas temperaturas, escasez de auga e de sombra, morren alí.
E aquí están os dous investigadores desta semana que merecen as nosas felicitacións. ¡Parabéns Pablo e Seira!
A partir desta noticia real decidimos crear unha noticia imaxinaria que tivera que ver co noso proxecto Ubuntu, que tivera que ver coa cooperación, co coidado e o respecto á biodiversidade, o traballo en equipo... e así inventamos a nosa noticia que podedes ver a continuación a ver qué vos parece.
A elaboración desta noticia foi un proceso longo con moito traballo detrás. Primeiro falamos da situación real dos elefantes en Namibia. Despois puxemos sobre a mesa ideas relacionadas co que podíamos facer nós para axudalos. Falamos do que é unha ONG. Decidimos en que ía consistir a nosa intervención en Namibia como membros desa ONG imaxinaria. E unha vez que tivemos claro todo isto saímos ao patio a sacar fotografías para ilustrar a nosa noticia. Despois empezou o proceso de escritura dos textos e, finalmente, xa organizamos fotografías e textos para darlle a forma final á noticia, lista para a publicación.
E aínda houbo máis actividades nesta semana pero por hoxe é suficiente. Seguirei informando.
Boas, Encantame e menudo traballazo!! Que ben escriben todos 😊. Como disfrutan da actividade o aire libre, e moi importante e moi difícil que estén entretidos e o mesmo tempo aprendiendo cousas. Enhoraboa.
ResponderEliminarQué traballo tan interesante!
ResponderEliminarValentina vino encantada de Namibia! qué habían trabajado mucho pero, sobre todo, que habían conseguido agua para los elefantes..
ResponderEliminarel trabajo es precioso
Valentina también dijo que el viernes había sido un día buenísimo después de una semana un poco conflictiva..
así que ánimo a por otra semana más! que esta tenemos festivo y yo estoy flipando de que ya estén las vacaciones de semana santa a la vuelta de la esquina!!
Pablo está entusiasmado con la ONG de clase, felicidades por ese trabajazo.
ResponderEliminarY con el reto de Narciso vino muy contento y mucho más animado a contarnos en casa el trabajo del cole. Por fin😅