miércoles, 17 de marzo de 2021

O CUMPLE DE PABLO

  Onte tivemos, de novo, unha celebración na Pementeira: o aniversario de Pablo Olivera, outro neno que xa entra no clube dos 6 anos. Ao principio pensei que non estaba moi ilusionado co seu cumple porque chegou pola mañán e non me dicía nada, así que preguntei:

-Pablo, e logo, ¿hoxe non tes nada que contarme? 

E contéstame:

- Si, ¿sabes?, mañana es el cumpleaños de mi papá.

Así que me alegra ver que está tan feliz  co cumple do seu pai. Inmediatamente xa me comentou que ese día era o seu aniversario.

Polo tanto fixemos a tradicional celebración pementeira. Apagar a candea, escoitar a canción de cumple e facer o círculo dos eloxios para escoitar cousas bonitas dos compañeiros/as. Pablo estaba moi contento e no círculo notábase que lle gustaba escoitar os eloxios e díxolle grazas a todos/as e cada un dos compañeiros/as.

                                                               



No círculo dos eloxios, empecei eu a ronda como fago normalmente e díxenlle a Pablo:
-Pablo, faime moi feliz cando chegas ao cole pola mañán cun debuxo porque comprobo que te acordas de min na casa, que te preocupas por traerme algo e iso indica que pensas nos demais, que sabes ser amable, gústame moito cando consigues estar tranquilo e te concentras nun traballo e ves que che sae ben, e encántame ver o teu sorriso cando che felicito por algo ben feito.
Os compañeiros dixéronlle:
- Gústame como corres e das volteretas.
-Gústame como te comportas.
- Gústame que xoguemos xuntos.
- Gústame como pintas.
- Eres o meu mellor amigo.
- Gústame como saltas.


















                                         




4 comentarios:

  1. Muchas felicidades Pablo y a tu papá también 😆.

    ResponderEliminar
  2. felicidades a Pablo a su padre!!

    ayer Valentina me contó por la noche el cuento de Lupa, con muchas aclaraciones del tipo "esto no venía en el cuento, esto lo inventé yo" que me hicieron mucha gracia

    buen fin de semana laaargo y con sol!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Gracias Teté! Por la celebración y las palabras dedicadas a Pablo,le hacía mucha ilusión celebrar en el cole.
    También muchas gracias María y Tamara.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que Pablo estaba moi feliz, díxolle "grazas" a cada compañeiro que lle ía dicindo algo, escoitou con atención e díxome que as palabras que máis lle gustaran foran as miñas, fíxome moita graza, a verdade, porque nin se me pasara pola cabeza pensar que as miñas palabras foran máis importantes que as dos seus mellores amigos. Gústame ver que de cando en vez valoran o que lles digo porque trato de que comprendan que todos temos cousas boas, todos debemos procurar ver algo positivo nos demáis e todos debemos intentar levarnos ben e non pelexar tanto. A eles cóstalles moito "saír de si mesmos", fixarse nos outros, e con isto eu intento que se paren un minutiño a pensar que é o que lles gusta ou aprecian dos demáis. Eu procuro ser moi sincera con eles e demostrarlles que me fixo no que fan e que valoro moitas cousas neles. Espero que pouco a pouco o vaian comprendendo.😂😂😂 Grazas Beatriz!

      Eliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...