lunes, 31 de mayo de 2021

MÁIS RETOS E OUTRAS COUSAS

     O bo tempo anima e permítenos facer máis actividades fóra. Estamos xa cerquiña de final de curso e seguimos facendo cousas e buscando estratexias para organizar os días, para manter o interese por aprender e investigar e por xerar curiosidade e ganas de seguir descubrindo aquelo que non coñecíamos previamente. Neste sentido seguimos propoñendo retos na aula.

       Os dous últimos retos tamén nos permitiros engadir dúas novas palabras á nosa árbore de palabras novas. O primeiro consitía en investigar sobre o xifo. ¿Vós sabedes o que é un XIFO? Pois Seira e Pablo Canabal tiveron boa memoria e cando chegaron a casa investigaron e despois contáronnos o que averiguaron.

     Entre os dous, aportando cada un datos sobre o xifo, foron facendo unha fantástica exposición sobre este peixe, porque o xifo é un peixe.




   O xifo é un peixe de auga doce orixinario de México, Belice, Guatemala, Honduras e que como se adapta moi ben, pola acción do home está presente en moitos outros países do mundo e é habitual velo nos acuarios. Os machos teñen unha aleta caudal moi prolongada, como unha espada, por iso tamén se chama peixe cola de espada. As femias soen ser un pouco máis grandes. É perceptible unha línea máis oscura desde o ollo ata a espada.  Son omnívoros (que quere dicir que comen de todo). A cor habitual cando viven en estado salvaxe é verde-grisáceo. Nos acuarios é a cor laranxa a predominante.

   ¡Parabéns a Seira e Pablo Canabal por ter boa memoria e ganas de investigar!

   O seguinte reto tiña máis proxección porque chegou ata a lúa nada máis e nada menos. O venres quixemos homenaxear a Eric Carle lendo o conto "Papá, por favor, achégame a Lúa.". E claro ao empezar a falar da lúa, pregunteilles aos pementeiros/as si sabían como se chama esa capa de area grisácea, pequenas pedriñas e materiais non consolidados que recubren a superficie da Lúa. E como non o sabían pois non quedaba máis remedio que investigar o fin de semana. Hoxe chegou Pablo Canabal, de novo, emocionado coa resposta: REGOLITO. Pablo está imparable, vexo que realmente lle gusta moito investigar. ¡Fantástico, a seguir así! ¡Parabéns!

    O conto de Eric Carle, que eu pensei que xa coñecían e dixéronme que non, gustoulles moito e adicáronlle un bonito aplauso que seguro chegaría ao ceo. Despois cada un plasmou nun debuxo a súa visión desta historia.


















                                        

     Hoxe volvemos disfrutar da merenda fóra e así podemos facer o recreo un pouquiño máis longo para estar despois máis concentrados noutras tarefas, respiramos aire puro, temos máis espazo e sempre está ben xogar fóra. Como hoxe facía bastante calor colocámonos aproveitando a sombra das árbores e estivemos xenial, a verdade.




   Para rematar a mañán, os pementeiros/as estiveron pintando e decorando unha neve espacial. E, ¿para que será esa nave? pois xa se verá. Ata o de agora non contamos nada máis.


















   Por certo, mañán empeza o reparto de froita no cole. Cada día pasarán polas aulas repartindo froita de temporada para aqueles nenos/as que queiran disfrutala. A ver cal toca mañán! Seguro que estará deliciosa!






viernes, 28 de mayo de 2021

UN XOVES DIVERTIDO E MUSICAL

    Hoxe sacámoslle moito partido a esta xornada de xoves. Despois duns días de reflexións, de conversas, e de tratar de reconducir algunhas actitudes que fan complicado aprender e disfrutar, hoxe tivemos tempo de facer moitas actividades diferentes e de pasalo ben xuntos que é algo que me gustaría lograr con moita máis frecuencia . 

   Escoitamos cancións, lemos un conto ben bonito cunha mensaxe interesante (sempre intentamos sacar algunha conclusión constructiva das nosas lecturas), fixemos dúas actividades impresas en pouco tempo (porque ao estar atentos, comprenderon o que tiñan que facer e non cometeron erros), saímos ao patio felices porque facía calor e podíamos estar de manga curta, pintamos siluetas no chan, merendamos fóra, celebramos un concerto moi africano con instrumentos auténticos, xogamos coa plasti, sacamos unhas fotos ben divertidas e miramos os bits de intelixencia (que ultimamente nunca nos daba tempo). Cando nos organizamos ben e facemos as cousas cun certo orden, estamos todos moito mellor, hai menos conflictos e temos moito máis tempo para poder facer cousas diferentes que é o que pretendemos.

    Por certo, tamén tivemos unha sorpresiña. Pouco despois de entrar no cole a Erik Vazquez caeulle un dente e estaba todo emocionado. Gardámolo nun papeliño na mochila para que llo poida deixar ao Ratiño Pérez.







































FIN DE TRIMESTRE. CHEGOU A PASCUA!

    Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...