E de novo hoxe tivemos celebración de aniversario na Pementeira. Onte foi o cumplde de Saúl e hoxe celebrámolo xuntos na aula con alegría e con emoción, Saúl xa chegou todo contento contándonos os seus agasallos de cumple e estaba encantado coa súa coroa, apagando a candea, escoitando o cumpleanos feliz e atendendo aos eloxios que lle adicaron os compañeiros/as,
No círculo dos eloxios, como é habitual, empecei eu mesma dicíndolle a Saúl as cousas que valoro e aprecio nel:
Gústame moito o ben que comprendes que non debemos berrar na aula e que teñas tanta paciencia cando temos que esperar para facer unha actividade ata que temos calma. Esfórzaste moito nas actividades, sempre procuras prestar atención e si non sabes ben como facer algo pregúntasme con tranquilidade e non te enfadas se che corrixo algo. Tes moitas ganas de aprender e para min iso é fantástico. Estás atento e recordas moita información. E hoxe, por exemplo, demostrácheslle a dous compañeiros como se soluciona un conflicto (non se pega, hai que pedir disculpas e darse unha aperta), encantoume ver como lles explicabas que facer. Felicítoche por ter unha actitude tan boa.
Despois os compañeiros/as dixeron cousas como:
- Gústame o teu comportamento.
- Gústame ser o teu mellor amigo.
- Gústame cando investigas cousas e despois nolas contas.
- Gústame verte rir.
- Gústame como constrúes cousas coa area.
- Gústame como xogas.
- Gústame que sexa o teu cumple.
Antes de rematar a celebración, disfrutamos xuntos das galletas que trouxo Saúl para compartir cos compañeiros/as; e como aínda sobraron mañán poderemos comer outras poucas. ¡GRAZAS!
Parabéns Saúl!! cantas festas tendes no cole! qué gusto da celebrar así!
ResponderEliminarFeliz cumpleaños Saúl!!!
ResponderEliminarFeliz cumpleaños Saúl!!!
ResponderEliminarMuchas felicidades Saúl 🥳
ResponderEliminarNo paráis,de cumple en cumple