Imos a toda velocidade! Hoxe outras dúas pementeiras, Alba e Camila, cumpliron 6 anos e estaban emocionadas e ata creo que un pouco nerviosas, como asumindo unha gran responsabilidade porque obviamente ter 6 anos non é cousa de tomar a broma.
As dúas apagaron a candea con total precisión, escoitaron a canción de Feliz Cumpleanos (con tanta seriedade que parecía un acto de estado coa familia real escoitando o himno nacional) e atenderon, e agradeceron, aos eloxios que os seus compañeiros e compañeiras lles adicaron.
A ronda de eloxios no círculo empeceina eu como ven sendo habitual e adiqueilles unhas palabras a Alba e a Camila, por suposto de xeito individual xa que son dúas nenas diferentes e cada unha delas ten as súas carcterísticas e a súa personalidade diferenciada así que, aínda que preferiron estar xuntas no centro do círculo, insistinlle aos pementeiros/as que pensaran ben o que lles gusta de cada unha por separado e non dixeran un único eloxio para as dúas (así que hoxe tocou pensar por partida doble).
- Alba, gústame moito que sexas tan cariñosa, sempre me contas moitas cousas e nos recreos dasme masaxes nas mans e fasme bromas para que me ría e iso quere dicir que te preocupas polos demais e queres velos felices. Iso é moi importante, axudar aos outros a estar felices. Tamén me gusta cando te esforzas nas tarefas do cole e consigues facer as cousas ben e te alegras si che poño un selo.
-Camila, gústame moito verte concentrada facendo un debuxo ou lendo un libro.Valoro moito cando me axudas nalgunhas cousiñas que che pido na aula porque sempre o fas con boa actitude, sin protestar e esa colaboración fai que teñamos un ambiente máis agradable. Gústame ver o satisfeita que estás cando fas ben as tarefas do cole e te felicito.
Despois os compañeiors/as dixéronlle cousas como:
- Alba, gústame como te comportas.
- Camila, gústame como fas as fichas.
- Alba, gústame cando te ris.
- Camila, gústame como fas ioga.
- Alba, gústame como debuxas.
- Camila, gústame cando xogas coa miña irmá.
- Alba, gústame ser o teu amigo.
- Camila, gústame como te esforzas nas fichas.
-- Alba, gústame como te emocionas.
Felicidades chicas!!!😘
ResponderEliminarFelicidades chicas!!!😘
ResponderEliminarFelicidades chicas!!!😘
ResponderEliminarmuchas felicidades !!!!! (y Valentina se lo perdió, le va a dar una rabia cuando se entere)
ResponderEliminarFelicidades Alba e Camila!!!!
ResponderEliminarMuchas felicidades Alba y Camila🎂
ResponderEliminar