jueves, 20 de mayo de 2021

FELICIDADE, UN ARTÍSTICO MURAL DUN RÍO, XOGOS... ¿QUE MÁIS PODEMOS PEDIR?

   Hoxe levei unha gran alegría no cole porque os pementeiros e pementeiras decidiron empezar o día con alegría, con aplausos, con risas... e non con pelexas, golpes, berros e discusións. ¡Estou emocionada! A ver si pouco a pouco imos rompendo esas dinámicas de discutir por todo, de enfadarse uns cos outros por calqueira cousiña, de facer ruído sin xeito... Foi xenial empezar así a mañán e penso que non só o disfrutei eu, estou segura de que eles/as tamén se deron contan que cando queren saben como disfrutar no cole e si todos colaboramos o podemos lograr.

    O caso foi que de repente decidiron que cada vez que entrara alguén na aula, ían recibilo cun aplauso. Ao principio, eu que estou recibindo aos nenos/as na porta, escoitaba algúns aplausos pero non mirei a ver que ocurría, ben ao contrario estaba encantada vendo que non tiña que entrar a solucionar xa algún conflicto, e seguín recibindo aos nenos na porta e pensando no agradable que era escoitar aplausos e risas así de boa mañán, Cando chegaron todos e xa entrei eu, empezaron todos tamén a apaludirme e dígovos de verdade que case se me para o corazón. Foi emocionante. Entonces explicáronme que se puxeran de acordo en recibir a todo o mundo cun aplauso. ¡Emocioneime pensando que se puxeran de acordo tan rápido e nunha cousa tan agradable! ¡Qué marabilla!. Aos 5 minutos entrou a profe Victoria e fixeron o mismo. A cara de Victoria foi como a miña, de sorpresa absoluta. Cando llo explicamos, ela tamén quedou encantada. No medio do conto chegou unha profe de Primaria e de novo todos empezaron a aplaudir e a profe tamén quedou sorprendida co recibimento. Como lle gustou moito, contoulles un chiste e todos botaron unhas risas.

   ¡Qué bonito é disfrutar xuntos no cole e ter boa actitude e ganas de pasalo ben! A ver si nos dura. Papás e mamás, animade aos nenos/as a ser máis positivos, a non protestar por todo, a levarse ben cos compañeiros/as e colaborar coa profe porque así temos moito tempo para facer actividades moi variadas e divertidas.

   Hoxe rematamos a lectura dun libro que nos gustou moito e que nos axuda a aprender moitas cousas sobre diferentes actitudes que non axudan a ser máis felices. Igual o coñecedes, pero eu que o descubrín casualmente, estou encantada con el. Titúlase "A sinfonía dos animais" e obviamente a música ten un protagonismo indiscutible na historia.  Ademais en cada páxina hai algunhas pistas, cousiñas escondidas, unhas letras por aquí e por alá, que hoxe empezamos a descubrir e que temos que organizar a ver si   averiguamos algunha mensaxe oculta.                                        



  Despois, aproveitando que estabamos tan contentos escoitamos a "Canción da felicidade" e fixemos unha actividade impresa pero queremos bailar a canción todos xuntos. Cada un fixo o debuxo plasmando o que lles provoca  felicidade e xurdiron moitas cousas:
-Pasear polo campo coas mascotas.
-Plantar na horta.
-Bailar ballet.
-Estar con todos os compañeiros.
-Que as abellas e as bolboretas sexan libres.
-Recoller ósos de dinosaurio que están enterrados.
-Debuxar.
- Ter un can.
-A tablet.
- O Nadal.
-Estar na Natureza cos animais.
-Mirar mentres mamá debuxa.





















   Sempre que temos bo tempo procuramos merendar fóra e así tamén respiramos un pouco de aire fresco e sentímonos mellor.





                           
                           

    Un dos patios favoritos dos pementeiros/as é o areeiro, claro. Remexer na area/terra, construír, cargar area, facer "plantacións, excavar... todo é moi divertido. Eso sí despois temos que sacudir ben os pés e lavar ben as mans pero o disfrute do momento non hai quen llo quite. 









   Gústame velos colaborar e xogar xuntos a construir, aínda que lles costa un pouquiño respectar as construcións que fixeron outros.
   Tamén temos tempo de xogar na aula: a plastilina sempre é un éxito pero estamos aprendendo a disfrutar cos xogos de mesa máis tradicionais nos que hai que respectar turnos e cumplir certas normas.










  E para rematar esta entrada de hoxe, toca un pouquiño de arte pementeiro. Levamos varios días traballando nun mural dun río que nos está servindo para aprender ou recordar algunas técnicas plásticas  e para comprender o que significa a perspectiva porque fixemos un debuxo no que un río cunhas árbores na beira parece que se vai alonxando. Aínda non o rematamos de todo pero imos por bo camiño... ou por bo río.




















                          














   Seguiremos traballando. Estou intentando con todo o meu ánimo e a mellor das intencións que estes pementeiros/as aprendan a colaborar, a ter proxectos comúns, a valorar o traballo dos outros, a esperar turnos, a organizar estratexias de traballo e a ter un pouquiño de paciencia. A ver si cun pouquiño de axuda dos papás e mamás, imos conseguindo que se den conta que temos moita sorte de estar ben, de estar xuntos, de ter tantas cousas e facer tantas actividades no cole, e que é mellor organizarnos e escoitarnos uns aos outros entendendo que todos queremos participar, falar, e ter atención para disfrutar a tope. 

  Hoxe tivemos un gran día pero aínda podemos melloralo porque queríamos facer ioga fóra e non nos dou tempo xa que no último momento empezamos a descontrolarnos, a non facer caso e levounos tanto tempo recoller libros e organizarnos para saír que xa nos chegou a hora de prepararnos para o comedor. Sempre lles explico que eu non podo parar o tempo e si o perdemos "remoloneando" cando toca recoller ou facer unha fila ou ir ao baño, ao final hai cousas que non podemos facer. Agora ben, quero insistir en que en xeral foi un día estupendo así que espero que mañán sexa aínda mellor.

   Por certo, comenteilles aos cativos/as que si mamá e papá estaban de acordo, neste último mes de curso poden vir sin mandilón ao cole. Agora xa fai máis caloriña (espero que se manteña) e todos temos ganas de estar xa sin mandilón. Eso sí, pensade que imos pintar, modelar, xogar coa area etc. etc así que si preferides que teñan a roupa "protexida" co mandilón, eu non digo nada, Por exemplo para o comedor seguro que é mellor que o poñan así que poderían traelo e telo aquí no cole, na bolsa do percheiro e empregalo para ir ao comedor.

   E tamén lles dixen que mañán veñan guapos que temos que facer unha cousiña...


1 comentario:

  1. transmite muchísima alegría esta entrada

    con los aplausos estuvieron bárbaros y qué manera tan buena de canalizar su energía

    el río es precioso! siempre me parece difícil compaginar a tantos artistas para una sola obra pero en este caso el resultado es buenísimo

    y tienes una pementeira que tiene clarísimo que le dice adiós al mandilón, Valentina está muy feliz de no llevarlo más (es increíble como algunos detalles les pueden afectar tanto) de hecho, le dije que en vez de abejas y mariposas libres debería haberse dibujado sin mandilón jajaja para representar qué le hace feliz

    feliz fin de semana!!!

    ResponderEliminar

DÍA DE MERCADO

    Hoxe, na Pementeira, foi día de mercado. Fomos de compras e practicamos as sumas cos nosos euros, porque cando imos mercar temos que pag...