UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
sábado, 1 de mayo de 2021
UNHA MENSAXE QUE PERCORRE 6000 KM PARA CHEGAR A BURKINA FASO
Hoxe foi unha xornada bastante especial porque supuso a culminación dunha actividade ben fermosa e ben UBUNTU que comezou a mediados do mes de marzo.
Como xa sabedes, dentro do noso proxecto anual, estamos coñecendo multitude de personalidades que destacan, ou destacaron noutros momentos da Historia da Humanidade, por adicar as súas vidas a axudar aos demáis, a loitar polos dereitos dos máis desfavorecidos, a mellorar as condicións de vida das persoas, a coidar o planeta e salvar a biodiversidade, a investigar para curar enfermedades ou coidar a nosa saúde... En fin, calqueira actividade que tivese a finalidade de mellorar o mundo no que vivimos e o que lle vai quedar ás xeracións futuras.
Pois ben, unha desas personalidades tan dignas da nosa admiración foi Yacouba Sawadogo, un agricultor de Burkina Faso, a Patria dos Homes Íntegros, que se propuso parar a desertificación do seu país plantando árbores e outros cultivos empregando técnicas tradicionais como os buratos Zaï e os cordóns de pedras. Yacouba Sawadogo foi galardonado no ano 2018 co chamado Premio Nobel Alternativo (Right Livelihood), e no 2020 co Champions of the Earth que entrega a ONU.
Ata o de agora, o tema non ten nada de sorprendente ou especialmente chamativo xa que nos estamos achegando a personas e iniciativas moi variadas pero todas elas de moito interese e relevancia. Sin embargo, grazas a unha idea da profe Eva (a profe da aula "A guarida secreta" de 4-5 anos) e os seus alumnos/as, a historia evolucionou dun xeito emocionante. A cuestión é que se lles ocorreu a idea de mandarlle unha mensaxe a Yacouba Sawadogo. A min pareceume unha proposta xenial e con toda a ilusión do mundo na Pementeira decidimos unirnos a esa iniciativa. ¡Grazas profe Eva por contar connosco!
Aquí está a mensaxe que preparamos entre as dúas aulas para que viaxara desde Galicia ata Burkina Faso, un percorrido de aproximadamente 6000 kilómetros nada máis e nada menos.
Xa o feito de traballar as dúas aulas xuntas para elaborar esta mensaxe é un bo exemplo do importante e enriquecedor que é traballar en equipo, colaborar e perseguir obxectivos comúns. Pero comprobar que hai xente que está disposta a axudar, que adica tempo a botarnos unha man (e mesmo as dúas) para darnos unha alegría, para que cumplamos un obxectivo, para que uns nenos e nenas de 4 e 5 anos reciban unha resposta, iso xa é a bomba!
Grazas a un amigo de Burkina, unha peza fundamental nesta historia, esta gravación chegou a Ouahigouya, o lugar onde reside Yacouba Sawadogo e onde ten a súa plantación na que leva traballando desde 1974. Christian Somda levou personalmente a mensaxe a Yacouba, un amigo del fixo de traductor (xa que Yacouba fala mooré, unha das linguas empregadas en Burkina pero que é falada por un pequeno porcentaxe da poboación frente á maioría da xente que fala francés) e falaron con este home tranquilo, cheo de sabiduría e humildade, transmitíronlle a nosa mensaxe e gravaron unha serie de vídeos mostrándonos e explicándonos un montón de cousas interesantes.
E aquí está a resposta á nosa mensaxe que hoxe estivemos vendo e comentando na aula. Espero que vos resulte interesante. Aprendemos moitas cousas e eu, de xeito moi especial, sentín unha gran emoción compartindo esta experiencia coa miña compañeira e os nenos/as de infantil.
Este sí que un traballo UBUNTU de verdade. As profes estamos emocionadas e si conseguimos transmitir un pouquiño desa emoción, dese interese pola xente loitadora e altruista, desa admiración polas persoas que adican a súa vida a facer o ben común, aos máis pequenos xa non pedimos moito máis. Espero que nas familias disfrutedes tanto coma nós con este tipo de propostas. Eu teño que darlle ás grazas á profe Eva, por deixarme participar, e aos meus amigos africanos por axudarnos a darlle un final insuperable a esta historia galaico-burkinabe.
QUE ACTIVIDADE TAN CHULA!!! COMO ME GUSTA A VOSA MENSAXE E VER QUE YACOUBA SAWADOBO QUIXERA COMPARTIR CON VOS A SÚA EXPERIENCIA. PARABENS NENOS, NENAS E PROFES!!!
Son tantas as emocións que se xuntaron que non sabería por cal empezar... Graciñas ó alumnado da Pementeira que quixo unirse a esta iniciativa e por suposto a ti, a Christian e ó seu amigo por facelo posible! ❤❤
Estou emocionada ca idea e o seu desenlace! Yacouba Sawadobo, unha vez máis, demostrou ser unha verdadeira personaxe UBUNTU adicándonos parte do seu tempo.
qué pasada! Yacouba Sawadobo es verdaderamente Ubuntu, no solo por sus obras sino por su humildad, por su paciencia; es muy emocionante todo lo que conseguisteis, llevar el mensaje y haber conseguido traerlo de vuelta. Realmente increíble. Un gustazo. Gracias Eva y Teté por iniciar esta idea y a todos los que ayudaron a conseguirla. Barka woussogo!!
Me alegra mucho comprobar que las familias valoráis estas experiencias tan enriquecedoras que surgen cuando trabajamos por proyectos. Ojalá tuviésemos la posibilidad de conocer tan directamente a más personalidades Ubuntu, o a organizaciones que buscan ayudar a gente que no tiene tanta suerte como nosotros o que protegen la biodiversidad por encima incluso de sus propias vidas. Yo estoy feliz con lo que experimentamos y aprendimos durante este curso. Me encantaría poder contagiar ese entusiasmo a los niños y a las familias porque, creedme, estas son las cosas más importantes que deberíamos aprender todos. Gracias por estos comentarios tan positivos!!!!!
QUE ACTIVIDADE TAN CHULA!!! COMO ME GUSTA A VOSA MENSAXE E VER QUE YACOUBA SAWADOBO QUIXERA COMPARTIR CON VOS A SÚA EXPERIENCIA. PARABENS NENOS, NENAS E PROFES!!!
ResponderEliminarSon tantas as emocións que se xuntaron que non sabería por cal empezar... Graciñas ó alumnado da Pementeira que quixo unirse a esta iniciativa e por suposto a ti, a Christian e ó seu amigo por facelo posible! ❤❤
ResponderEliminarEs genial! Felicidades!!
ResponderEliminar👏👏👏 fantástico!!!
ResponderEliminarEnhorabuena a tod@s,este es un trabajo Ubuntu de categoría.
Estou emocionada ca idea e o seu desenlace! Yacouba Sawadobo, unha vez máis, demostrou ser unha verdadeira personaxe UBUNTU adicándonos parte do seu tempo.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarqué pasada! Yacouba Sawadobo es verdaderamente Ubuntu, no solo por sus obras sino por su humildad, por su paciencia; es muy emocionante todo lo que conseguisteis, llevar el mensaje y haber conseguido traerlo de vuelta. Realmente increíble. Un gustazo. Gracias Eva y Teté por iniciar esta idea y a todos los que ayudaron a conseguirla. Barka woussogo!!
ResponderEliminarMe alegra mucho comprobar que las familias valoráis estas experiencias tan enriquecedoras que surgen cuando trabajamos por proyectos. Ojalá tuviésemos la posibilidad de conocer tan directamente a más personalidades Ubuntu, o a organizaciones que buscan ayudar a gente que no tiene tanta suerte como nosotros o que protegen la biodiversidad por encima incluso de sus propias vidas. Yo estoy feliz con lo que experimentamos y aprendimos durante este curso. Me encantaría poder contagiar ese entusiasmo a los niños y a las familias porque, creedme, estas son las cosas más importantes que deberíamos aprender todos. Gracias por estos comentarios tan positivos!!!!!
ResponderEliminar