Mostrando entradas con la etiqueta reto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reto. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de febrero de 2022

REPASAMOS AS DECENAS E COÑECEMOS O LAGO RETBA

  Estes días estamos facendo algunhas tarefas de repaso. Por exemplo sigo insistindo moito nas grafías tanto das letras como dos números xa que aínda percibo certos hábitos non moi axeitados na escritura. Aínda costa interiorizar que a direccionalidade da nosa escritura é de arriba abaixo e de esquerda a dereita. Sei que pode parecer que dá igual empezar unha letra por un lado ou polo outro pero, realmente, non é así. Ten a súa importancia. Pensade que dentro de pouco os nenos e nenas van inciarse nun tipo de escritura na que as letras van enlazadas unhas con outras e iso require que se manteña unha direccionalidade determinada para poder facer os enlaces entre as letras, os bucles, os xiros etc.

   Tamén sei que cada vez se lle dá menos importancia á escritura manual xa que, certamente, cada día se escribe menos a man e empregamos ordenadores ou teléfonos para mandar mensaxes escritas ou presentar traballos en escolas ou universidades. É certo que hai mestres que tampouco traballan estas cuestións e empregan tablets nas aulas. É innegable que as novas tecnoloxías están cambiando moitas das nosas rutinas, hábitos e mesmo habilidades. Sin embargo, eu penso que a aprendizaxe da lectura e a escritura é algo que non deberíamos esquecer e que deberíamos potenciar. Creo que os nenos e nenas deberían ter aprender a escribir e a ler con soltura xa que son actividades que nos definen como seres humanos, desenvolven a nosa imaxinación, a concentración, as habilidades de motricidade fina, a coordinación óculo-manual, a memoria... cando o noso corpo e a nosa mente se implican nunha actividade traballamos con todas as áreas do cerebro, implicámonos máis nas tarefas, realizamos máis conexións neuronais e todo iso desenvolve  a nosa intelixencia.

   Xa que temos un proxecto sobre a música, gustaríame trasmitirvos que en todo o que facemos hai un ritmo, unha cadencia, unha coordinación. tamén na escritura e na lectura traballamos co ritmo, cos movementos, como si danzáramos. Si aprendemos a escribir mantendo os movementos máis lóxicos, lograremos movementos máis fluídos, cómodos e relaxados. A escritura será máis lixeira e aforraremos enerxía, lograremos un mellor aspecto no noso traballo e todo iso fará que a actividade sexa máis gratificante. O mesmo que cando aprendemos a conducir, ou a bailar, nos indican como debemos facelo, como colocarnos, ou cal é a secuencia lóxica dos nosos movementos, pois o mesmo é cando aprendemos a escribir.

 Coméntovos esto porque me gustaría que nas familias comprendérades por que corriximos determinadas cousas nos nenos/as. Obviamente non vai pasar nada porque escriban unha letra do revés ou desde abaixo, pero considero que a miña labor como mestra é tratar de poñer unhas bases nas aprendizaxes que, cando se repiten e se automatizan, despois facilitan moito as seguintes aprendizaxes e a evolución dos nenos/as. É simplemente un pouco de información, co obxectivo de reflexionar e compartir convosco, o porqué facemos determinadas cousas na aula.

Ademais de repasar estas cousiñas, tamén estivemos repasando o concepto de decena que, en xeral, foi perfectamente comprendido desde o primeiro momento. É algo moi concreto e non supuxo ningún problema comprender que 1 decena é igual a 10 cousas. Así que agora estamos agrupando obxectos para formar decenas e seguimos escribindo as familias das decenas, por exemplo a familia do 30.

    Primeiro os pementeiros/as tiveron que poñerse de acordo para que houbera unha decena de nenos/as encima dunha mesa. Despois duns minutos de discusións, de subir e baixar unha e outra vez da mesa uns e outros, finalmente chegaron a un acordo, foron contando e lograron formar unha decena de nenos/as.

   A continuación había que colorear unha decena de leóns e rodealos. Non houbo maiores problemas, era sinxelo facelo e os únicos "problemas" foron derivados da falta de atención e as prisas. Ás veces costa un pouquiño seguir as indicacións da profe (que dou un par de trucos para facer a tarefa sin erros) e o feito de querer acabar pronto fixeron que houbese que borrar algunha cousiña pero, como vedes, o resultado final foi bo.


















      Por outra banda, como Kirikú sempre dá moito para falar e agora xa coñecemos a Youssou N´dour, o compositor da música da película, que é de Senegal, plantexei un novo reto:

   En Senegal, hai un lago que ten unha característica moi peculiar, algo que tan o pronto o vemos nos chama a atención porque non é habitual. Buscade o nome dese lago e mirade que é iso tan curioso que podemos ver.

    Pois novamente varios pementeiros/as trouxeron a resposta a este reto de investigación:

   O lago Retba en Senegal é de cor rosa. A súa cor tan fóra do común é debida a un alga que vive nesas augas tremendamente salgadas. falando disto aproveitamos para falar da importancia do sal para conservar alimentos e ata para pagar o traballo da xente noutras épocas. Gustoume comprobar que recordaban moitas destas cousas que lles explicara días atrás.  E xa me contaron, tamén, que moitos papás e mamás coñecían a palabra SALARIO que deriva precisamente de SAL. Encántame cando contan cousas na casa e despois me informan do que vós tamén lles contades.


                     ¡Parabéns a Noa, Rosalía, Mauro e Aarón!


    E aquí vos deixo un vídeo dos pementeiros/as traballando relaxadamente mentres escoitamos música, como nos gusta facer na aula. Como vedes podemos facer moitas tarefas con calma e disfrutando da música e ter momentos así cada día tamén nos axuda a sentirnos mellor no grupo e con nós mesmos.


lunes, 7 de febrero de 2022

KIRIKÚ, YOUSSOU N´DOUR E UNHA VIAXE POR ARXENTINA

       O mes de febreiro é o Mes da Historia Negra, unha iniciativa que se leva a cabo en diferentes países do mundo, se traballa nas escolas, e pretende facer fincapé nas aportacións culturais de toda a comunidade negra  na súa diáspora. Todos somos conscientes de que moita xente procedente de África, iniciou unha nova vida en Europa, Asia e América principalmente. Os motivos polos que abandonaron e abandonan, aínda hoxe, o seu lugar de orixe son moitos e diversos. Pero penso que a ninguén se lle escapa que teñen moito que dicir e aportar, por exemplo, pensade a cantidade de ritmos, de estilos musicales, de bailes que teñen a súa orixe en África, buscade as palabras ou expresións idiomáticas que proveñen de linguas africanas, ou comidas productos alimentarios, ou mesmo as influencias africanas na moda. Por suposto, non podemos esquecer as personalidades políticas, literarias, os activistas pro dereitos humanos que naceron e traballaron en África e dos que temos tanto que aprender. En fin, nun proxecto centrado na música parece evidente que temos que falar de África. 

    Estes días estamos lendo moitas historias que nos conectan con este continente veciño que a min me apasiona. Por exemplo estes dous libros son moi interesantes. O primeiro fala dunha bonita e emocionante tradición dunha tribu africana. Precisamente deste libro saquei esa idea, o cursopasado, de celebrar os aniversarios con Círculo dos Eloxios. O segundo tamén transmite unha idea moi positiva sobre como, cada un de nós, podemos facer pequenas cousas para axudar aos demais e cambiar o mundo.




   Pero, sin duda, a historia que está triunfando na Pementeira estes días e KIRIKÚ. As aventuras deste rapaciño diminuto, inquedo, intelixente e valente nunca deixan indiferentes aos nenos e nenas. É un libro que sempre me acompaña e co que sempre teño o éxito asegurado. Cando conto as historias de Kirikú e a bruxa Karabá sei que hai risas aseguradas, emoción, quizá un pouquiño de medo ou preocupación, algo de tensión e suspense e finalmente alegría desbordante  e admiración.


   Pois ben, aquí estamos en plena lectura de Kirikú. E como a música sempre está presente pois era inevitable que xurdira un reto. ¿Qué famoso músico e cantante compux

o as cancións da película de Kirikú? E hoxe 5 investigadoras e investigadores trouxeron a resposta correcta: o senegalés Youssou    N´Dour.






    Eu son fan incondicional de Youssou N´Dour así que estou encantada de disfrutar coa súa música na aula. E estarei encantada de contaxiarlle aos pementeiros/as ese amor pola música africana e por artistas como este do que estamos a falar hoxe.


    E outra cousa que me encanta compartir coas familias pementeiras é un fantástico vídeo que Noa e a súa familia elaboraron para contarvos a todos algunhas cousiñas sobre Arxentina. Resulta que a canción do Mamboretá é arxentina e o papá de Noa é arxentino así que Noa tamén é metade arxentina. ¡Qué sorte! Alá, nese lugar tan fermoso, ten parte da súa familia e entre todos mirade que marabilla de vídeo fixeron. ¡Canta sorte temos na Pementeira! Estamos aprendendo un montón de cousas e disfrutando moito grazas a todas as aportacións que facedes as familias.


 Desde aquí quiero mandarle un fuerte abrazo a toda la familia argentina de Noa . ¡Muchas gracias a su papá, a la tía Noelia ya la abuela Estela! Nos gustó mucho vuestra presentación sobre Argentina. Todo nos resultó muy interesante. Ni que decir tiene que nos reímos mucho con Papá Noel en pantalones cortos,  los alfajores tenían una pinta muy apetitosa y las canciones nos encantaron. Yo conocía la del brujito de Gulubú, que es muy divertida. Aquí dejo el vídeo por si alguien tiene ganas de escucharla y cantarla también como la abuela de Noa. ¡MUCHAS GRACIAS por esta bonita colaboración con nuestro proyecto! ¡Magnífico trabajo!


   Carmen López tamén nos mandou un vídeo recitando a poesía "Navegando voy" que ela memorizou perfectamente e que recita como si fora toda unha poetisa profesional.




jueves, 3 de febrero de 2022

TRABALLAMOS NA HORTA, PINTAMOS UN MURAL, INVESTIGAMOS UN RETO E XA SABEMOS RESTAR!!!

      É certo que, ultimamente, temos moitas festas porque os aniversarios hai que celebralos, por suposto. Sempre é estupendo celebrar a vida, celebrar que estamos ben, celebrar que temos amigos e formamos un equipo... Pero iso non implica que non fagamos moitas outras cousas. E hoxe temos moitas novedades que contarvos ás familias.

      O primeiriño de todo: esta semana xa estivemos practicando as restas. Antes de nada traballamos ese concepto matemático, que significa restar, e fixemos restas con obxectos comprobando que é moi sinxelo porque simplemente temos que comprender que restar é o mismo que quitar. Todos/as o entenderon requetebén.









  Despois xa fixemos restas nunha actividade impresa para ir familiarizándonos coa linguaxe matemática (os signos correspondentes, os formatos das operacións matemáticas). Foi unha actividade moi sinxeliña xa que só había que tachar os debuxos que indicaba cada resta e contar os que quedaban sin tachar. Así que non houbo problemas. Eso sí, é moi importante fixarse no signo da operación porque non é o mismo sumar que restar.



   Deixando as mates, agora imos falar do último reto plantexado. Como estamos escoitando a ópera "A Frauta Máxica" de Mozart, a pregunta que lles plantexei foi: ¿En dónde naceu Mozart? E varios/as pementeiros/as investigaron na casa e xa averiguaron que Mozart naceu nunha fermosa cidade de Austria chamada Salzburgo e tamén viviu en Viena. Aproveitamos para ver a famosa fortaleza, Hohensalzburg, que preside a cidade desde o alto da colina.


     E aquí están as investigadoras e investigadores que resolveron o enigma. ¡Parabéns para Jimena, Alonso, Mateo, Mauro e Hugo!

    A parte máis artística desta semana foi empezar a pintar o mural do patio. Os nenos e nenas da pementeira foron os primeiros en saír a traballar coas súas brochas para transformar eses bloques grises en imaxes cheas de cor que, ademais de alegrar os espazos de xogo, tamén nos transmiten mensaxes de paz e concordia. Ata o de agora, hai pouco espazo pintado pero xa vai encamiñado. As primeiras capas sempre son máis traballosas porque o bloque ten moitos poros, buratiños que costa encher de pintura pero pouco a pouco imos avanzando e, despois, darlle a segunda capa é moito máis rápido. A algúns nenos e nenas costáballe facer suficiente presión na brocha mentres que outros/as poñían todo o seu interese en tapar cada cachiño branco. O importante é que todos/as puxeron o seu gran de area e, entre todos/as, pintamos un bo cacho. Démonos conta de que a xente que traballa nas rúas, na construcción, en tarefas de mantemento nas estradas e cousas así, ten un traballo moi duro porque teñen que aguantar o sol e a choiva ou o frío. Nós, por exemplo. o mércores aguantamos só uns poucos minutos pintando porque os sol molestaba, reflexaba no blanco da parede e non era cómodo pintar alí. O xoves xa se estaba mellor porque estaba nublado. Aínda así estes traballos ao aire libre teñen os seusinconvintes e para nós é divertido porque o facemos poucas veces e estamos pouco tempo pero os que teñen que pasar moitas horas traballando fóra teñen moito mérito. Seguiremos mostrando os avances que fagamos.















                                         

                                         
                 
     E, por último, despois das actividades máis abstractas e intelectuais, as facetas de investigación e as obras de carácter expresivo e artístico, o único que nos faltaba por facer er mergullarnos na natureza e coñecer de primeira man e de xeito vivencial o traballo dos agricultores que tamén é digno de admiración e respeto. Hoxe visitamos a horte e Jose e Carmen estiveron contándonos un montón de cousas sobre as plantas. Vimos as ráces, aprendemos como podemos averiguar a idade dunha árbore, visitamos o invernadoiro, botamos abono, regamos, plantamos fresas, brécol, cebolas, cenouras, mostaza e ata podamos unha freixoa. ¡Cantas cousas aprendemos hoxe!



















































































   Aquí no cole, sempre hai algo que facer e non perdemos o tempo, non vos parece???

                                  
     E para rematar, quero compartir convosco os traballos que Icía está facendo na súa casa. Sigue moi atenta o blog para estar ao día e tiña moita ilusión en recitarvos unha pequena poesía que tamén estivemos recitando na aula. Así que, ¡parabéns, Icía, por seguir traballando na casa e por querer compartir cousiñas connosco! Por certo, o colgante do Día da Paz quedouche ben chulo!




ACHÉGANSE O SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST

  Estamos a piques de rematar o mes de outubro e,polo tanto, de celebrar a máxica festa do Samáin. Unha celebración ancestral que nos recor...