O Proxecto Pharos está cheo de sorpresas luminosas. A luz sempre fai que espertemos, que vexamos claramente que descubramos camiños. Pensade nunha gruta escura na que dá medo introucirse porque non sabemos que pode haber dentro, monstros, animais misteriosos, insectos, morcegos ou mesmo algunha pantasma con ou sin asma. Pero se acendemos as nosas lanternas e iluminamos esa caverna poderemos ver unha ruta de exploración interesante con fermosas estalagtitas e estalagmitas ou pinturas rupestres cheas de vida. A luz tamén pode deslumbrarnos ou confundirnos.
De feito, unha das propiedades da luz, a refracción, pode enganar aos nosos ollos.Iso poidémolo comprobar o venres.
Collemos tres cousas para facer unha sinxela experiencia: un vaso de cristal, un lapis e un pouco de auga. Despois, simplemente coa axuda da luz, comprobamos qué significa iso da refracción.















No hay comentarios:
Publicar un comentario