miércoles, 4 de marzo de 2026

UN CASTELO ENCANTADO E UNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES.

   Seguimos aprendendo poemas de Gloria Fuertes e poñendo moitas ganas nas recitacións. Así traballamos a expresión oral, a atención, a memoria, o traballo en equipo e algo moi importante, o feito de ir asumindo novos retos como pode ser enfrentarse a unha cámara, a un público e ir aprendendo a confiar nun mesmo, a non ter medo a expoñerse ante os demais, a superar o medo escénico (algo moi habitual, verdade?, cando temos que falar en público). As gravacións están sendo relativamente sinxelas, temos que facer algunha repetición nalgún momento concreto pero, en xeral, facémolo bastante rápido, e a maioría dos nenos e nenas queren participar. Sempre pido voluntarios/as porque quero que se sintan máis ou menos cómodos/as e no caso de que alguén non se anime, entón trato de animalo/a eu. É certo que a cámara ten un poder que non podemos evitar; ás veces están recitando un poema con moita gracia, entonando, facendo fincapé nalgunhas palabras, falando con moita intención e ao encender a cámara a voz baixa, aparece a timidez e xurden algunhas confusións. É así, pero gústame que o fagan, que intenten afrontar esas inseguridades e ademais sei que despois lles encanta verse e pídenme que lle poña os vídeos unha e outra vez. Así que seguiremos facendo estas cousiñas.

 Nesta ocasión recitamos "El castillo encantado" de Gloria Fuertes. E así quedou o vídeo.


  Nós tamén temos no corredor, encima dos percheiros o noso BLABLACASTELO, o castelo de Blablalandia, no que están os pementeirose pementeiras disfrutando dos relatos.






   Aproveito xa esta entrada para compartir convosco as fotos de hoxe plantando unhas árboresaquí ao ladiño do cole. Foi unha experiencia moi entretida:botamos a terra, pisámola e colocamos unha rede protectora para as árbores. Para facer os traballos puxéronnos unhas luvas tamaño xigante (eran talla única)e foi moi gracioso ver a estes peques con esas luvas enormes tratando de botar a terra no covo. tamén lles gustou moito ver o cole desde o alto do monte. Pasámolo moi ben!











































E, para rematar, como hoxe foi un bo día na Pementeira, quero compartir un vídeo que gravei,mentres os nenos e nenas estaban traballando. Amin encántame poñer música sobre todo cando estamos pintando porque nos axuda a relaxarnos, a coñecer novas cancións e diferentes estilos musicais, a ir mergullándonos en diferentes ritmos, en culturas diferentes á nosa, a interiorizar ritmos, a vivenciar certas actividades dun xeito máis significativo... Non sempre consigo que o ambiente sexa calmado, que escoiten a música ou que disfruten dunha tarefa desde a calma pero sigo intentando que aprendan a deleitarse coa escoita de diferentes pezas musicais. E xa recoñecen moita música da que lles vou poñendo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CASTELO ENCANTADO E UNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES.

   Seguimos aprendendo poemas de Gloria Fuertes e poñendo moitas ganas nas recitacións. Así traballamos a expresión oral, a atención, a memo...