domingo, 27 de junio de 2021

FIN DE CURSO 2

     Aínda nos quedaban algunhas cousiñas que mostrarvos así que é o momento de ver as últimas fotos dos nenos e nenas da Pementeira durante o curso 2020-2021: a realización das bolsas nas que levaron os seus traballos, e a festa do último día de curso. 

       O curso pasou a toda velocidade, foi moi productivo, con momentos moi divertidos, outros máis complicados, pero houbo moitas actividades diferentes, moitas vivencias enriquecedoras, moitas charlas e reflexións, moitos xogos e cancións, moitos aprendizaxes e viaxes, moita arte e ritmo, moitas sorpresas e emocións... Así que con todo isto, eu fago unha valoración moi positiva do curso e desexo que todos os nenos e nenas lle saquen moito partido ao verán, que xoguen, que vaian á praia e ao monte, que canten e bailen, que lean relatos fermosos, que viaxen, que respiren aire fresco e tomen o sol, que se reúnan coa familia e os amigos, que anden en bicicleta e que fagan libremente moitas cousas que non se poden facer no inverno e que a todos nos apetece disfrutar no verán.

   E aquí van xa as últimas fotos do curso escolar.



































































     Aos que lles gustou a merenda que levanten a man!!! Grazas a Sara e a Bruno por traer cousiñas para compartir. E de postre aínda tivemos outra sorpresa: xelado.



















¡Qué divertido xogar coas pompas de xabrón! Grazas profe Ana, por deixarnos o aparatiño, foi xenial!










 
   E por último, aquí están os orgullosos graduados e graduadas en infantil, que en breve pasarán a xogar na liga de primaria. Moita sorte a todos/as!!! A triunfar na nova etapa!
































"Dentro de vinte anos arrepentiraste das cousas que no fixestes, así que solta as amarras e navega fóra da túa zona de confort, busca o vento nas túas velas. Explora. Soña. Descubre." Mark Twain


KILIMANJARO

    Viaxando por África chegamos á montaña máis alta de todo o continente que se atopa en Tanzania: o Kilimanjaro, un volcán de máis de 5.00...