Hoxe recibimos unha visita espectacular na aula: o experto apicultor Carlos, papá de Leo, achegouse ao cole para mostrarnos como é unha colmea por dentro e explicarnos un montón de cousas sobre o ser vivo máis importante do mundo. ¡Foi super interesante! Os pementeiros/as estaban emocionados, inquedos, interesados, faladores, participativos, curiosos... Carlos recordounos algunhas cousiñas que xa sabíamos sobre as abellas pero tamén nos contou outras novas. Vimos perfectamente como é a colmea por dentro coas súas celdiñas hexagonais de cera, o mel e o polen, a abella raíña, os zánganos e as obreiras, de feito ata vimos unha que estaba facendo limpeza (quitando un cachiño de papel que había polo medio). Carlos explicounos que estaban un pouco inquedas porque as quitou da súa casa e porque tamén se poñen nerviosas con tanta xente movéndose cerca e falando.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
lunes, 21 de junio de 2021
ABELLAS NA PEMENTEIRA
Teño que agradecer profundamente a Carlos que adicara o seu tempo a mostrarnos a interesante vida das abellas. Moitas veces, a maioría seguramente, traballamos con fotografías, vídeos ou debuxos pero poder observar ás abellas na súa colmea, movéndose, traballando, escoitar o sonido que emiten, comprobar a precisión coa que constrúen as celdiñas, é unha oportunidade que debemos valorar e agradecer. A particpación das familias nos proxectos de traballo e investigación do cole é sempre valiosa, interesante e positiva. Este curso foi un pouco especial e ter esta oportunidade para pechar o ano escolar foi toda unha sorte e unha alegría.
¡MIL GRAZAS, CARLOS!
E ademais da visita das laboriosas abellas, hoxe recibimos o terceiro exemplar deste curso do xornal NOVAS DE INFANTIL que estivemos lendo e disfrutando hoxe, e que mañán levarán nas súas bolsas co resto de materiais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
DÍA DE MERCADO
Hoxe, na Pementeira, foi día de mercado. Fomos de compras e practicamos as sumas cos nosos euros, porque cando imos mercar temos que pag...
-
O tempo pasa voando, iso é máis que evidente. Rematou o Nadal e inos como foguetes cara o Entroido. Hoxe os nenos e nenas xa levaron par...
-
Na Pementeira, cada día se van percibindo novos avances e, en certas tarefas, xa se nota moita máis seguridade e confianza. É certo que...
-
¡Por fin logramos facer o noso volcán pementeiro! Xa levábamos tempo falando do volcán e eu intentando crear o momento preciso para facelo ...
Gracias a ti Teté por darme a oportunidade de compartir apicultura e un ratiño tan bonito con todos vos. Mención especial o comportamento e sabiduría de todos esos futur@s e xa presentes amantes da natureza, dos cales ti tes moito que ver..noraboa!!!
ResponderEliminarPero si eu hoxe non traballei nada, hoxe o mestre fostes ti. Eu de fotógrafa! Eu ben sei que estes nenos e nenas son intelixentes e aprenderon moitas cousas durante o curso e hoxe contigo tamén, pero eu sonche moi quisquillosa e tiña moita ilusión en que che escoitaran mellor, que tiveran un pouquiño máis de paciencia para esperar turnos, pero como ben dis o máis importante é que disfruten aprendendo e que desenvolvan un profundo amor pola natureza. Decíasme que para ti velos participar é fundamental e desde logo eu sempre digo que son participativos, iso teño que recoñecelo e procuro valoralo. Esas ganas de particpar tamén demostran ganas de avanzar, de aprender e abrirse ao mundo. Sei que lles encantou todo o que lles explicastes e que "fliparon", como dixo algún, vendo a actividade das abellas. Grazas, grazas e grazas!
EliminarLo primerito que me dijo Pablo ayer, que el papá de Leo llevó al cole una colmena con abejas y la reina.
ResponderEliminarLe encantó, gracias.
Que privilegio poder tener una clase tan especial mostrando tan de cerca el trabajo de las abejas ,gracias también a Ana y a Carlos por poder enseñarles como funcionan en equipo y trabajo de las abejas , los niños encantados y los padres también , gracias
ResponderEliminarBravo, Carlos! Tienes a los pimenteros en el bote!👏👏👏👏
ResponderEliminar