domingo, 27 de junio de 2021

FIN DE CURSO 2

     Aínda nos quedaban algunhas cousiñas que mostrarvos así que é o momento de ver as últimas fotos dos nenos e nenas da Pementeira durante o curso 2020-2021: a realización das bolsas nas que levaron os seus traballos, e a festa do último día de curso. 

       O curso pasou a toda velocidade, foi moi productivo, con momentos moi divertidos, outros máis complicados, pero houbo moitas actividades diferentes, moitas vivencias enriquecedoras, moitas charlas e reflexións, moitos xogos e cancións, moitos aprendizaxes e viaxes, moita arte e ritmo, moitas sorpresas e emocións... Así que con todo isto, eu fago unha valoración moi positiva do curso e desexo que todos os nenos e nenas lle saquen moito partido ao verán, que xoguen, que vaian á praia e ao monte, que canten e bailen, que lean relatos fermosos, que viaxen, que respiren aire fresco e tomen o sol, que se reúnan coa familia e os amigos, que anden en bicicleta e que fagan libremente moitas cousas que non se poden facer no inverno e que a todos nos apetece disfrutar no verán.

   E aquí van xa as últimas fotos do curso escolar.



































































     Aos que lles gustou a merenda que levanten a man!!! Grazas a Sara e a Bruno por traer cousiñas para compartir. E de postre aínda tivemos outra sorpresa: xelado.



















¡Qué divertido xogar coas pompas de xabrón! Grazas profe Ana, por deixarnos o aparatiño, foi xenial!










 
   E por último, aquí están os orgullosos graduados e graduadas en infantil, que en breve pasarán a xogar na liga de primaria. Moita sorte a todos/as!!! A triunfar na nova etapa!
































"Dentro de vinte anos arrepentiraste das cousas que no fixestes, así que solta as amarras e navega fóra da túa zona de confort, busca o vento nas túas velas. Explora. Soña. Descubre." Mark Twain


5 comentarios:

  1. feliz verano!!! pero qué pena da que se acabe esta etapa!!!! aunque haya que soltar amarras, como bien dice Mark Twain (me encanta su frase) este grupo ya nunca volverá a ser igual. un beso a todos!!!

    ResponderEliminar
  2. Sin duda, despedimos la mejor etapa!!! Gracias por lograr que salgan de ella pudiendo recordar la esencia de infantil,sois un gran equipo, Bruno este curso lo disfrutó muchísimo y todo, gracias a ti,feliz verano a todos,feliz verano profe Teté 😘😘

    ResponderEliminar
  3. Eu deséxovos a todos o mellor, seguirei vendo aos nenos e nenas polo cole (espero que o próximo curso sexa un pouco máis flexible na organización de horarios, actividades etc.) e alegrareime co seus avances e éxitos porque aínda que só pasáramos un curso xuntos xa gardo un montón de anécdotas e recordos de cada un deles. Estou moi contenta dos seus progresos e agradézcovos ás familias a vosa colaboración e participación na vida da aula (tendo en conta todas as limitacións que tiñamos este ano), e manter vivo e activo o blog coas vosas visitas e comentarios. A min no me cabe dúbida de que esta etapa é a máis bonita e eu quédome con esa gratificación, que teño a sorte de ver en directo os avances que os nenos van facendo, as caras cando se sorprenden con algo que descubren, a satisfacción que mostran cando comproban que son capaces de facer algo que lles causaba inseguridade, a alegría e espontaneidade que brotan cando xogan ou bailan ou escoitan unha historia ou compartimos unha merenda...Grazas a todos/as os que comprendedes e valorades o traballo e implicación deste equipo de infantil, a verdade é que o apoio das familias nesta etapa é moi importante e a colaboración familia/escola é un pilar fundamental para que todo funcione ben. Disfrutade moito do verán e en setembro empezará unha nova aventura!

    ResponderEliminar

DÍA DE MERCADO

    Hoxe, na Pementeira, foi día de mercado. Fomos de compras e practicamos as sumas cos nosos euros, porque cando imos mercar temos que pag...