As actividades durante o curso 2020-2021 foron moitas e diversas. Intentamos participar en diferentes propostas do centro planificadas de maneira xeral sin especificar niveis, ou máis específicas de infantil así como, obviamente, das que foron xa plantexadas para este aula de maneira específica. Como a min me gustan de maneira especial todas as tarefas que teñen que ver coas artes, intento que os meus alumnos/as teñan ocasións nas que poidan experimentar coas diferentes formas de expresión artística, gústame que debuxen, que pinten, que fagan collage, que modelen, que constrúan con area, que bailen, que canten, que toquen instrumentos, que fagan teatro, que reciten poemas... en fin o que sexa que lles axude a mostrar e canalizar emocións.
Unha das actividades nas que infantil leva xa tres anos consecutivos participando é a realización dun mural no patio para conmemorar o Día da Paz. Este ano foi máis complexo organizar todo o relativo á pintura do mesmo porque tiñamos que controlar moito os horarios para non coincidir coas clases de educación física do alumnado de primaria ou coas súas horas de recreo. Por outra banda, tivemos algún que outro inconvinte inesperado; cando íamos iniciar o mural tivemos un par de semanas de moi mal tempo e non podíamos saír, despois a preparación da parede retrasouse por un confinamento, despois a nosa aula tamén foi confinada, e a partir de aí xa empezamos a traballar intentando capear temporais, sol intenso e horarios difíciles de conciliar. Pero con todo, unha vez máis, todo o alumnado de educación infantil tivo oportunidade de saír e poñer a súa pinceladiña neste mural que homenaxea a Nelson Mandela e trata de facernos reflexionar sobre o importante que é unirnos, respectarnos e colaborar para lograr a paz.
Se vos interesa ler un breve artigo sobre a importancia da educación artística nas escolas, déixovos aquí un enlace (clicade na palabra ARTE)
E agora, aquí vos deixo as imaxes do traballo realizado polos pementeiros/as xunto co resto do alumnado de infantil e os mestres e alumnado de primaria que se animaron a participar tamén.
O importante, en definitiva, é facer unha homenaxe a aqueles homes e mulleres que loitaron pola paz, inculcar nos nenos e nenas o valor do traballo colaborativo, promover a reflexión sobre valores éticos e morais e facer do cole un lugar un pouco máis atractivo trastocando as tristes superficies grises de bloques, cemento e humidade en paneis cheos de cores. Eu sempre defenderei que os centros escolares teñen que ser alegres e estar cheos de imaxes e mensaxes edificantes porque aquelo que nos entra polos ollos tamén deixa unha pegada na nosa mente.
Sin duda, qué bonito el proyecto de este año y que bonito el mural! Qué pena que todo lo bueno se acabe!
ResponderEliminarQué bonito el mural!!!! es precioso y qué bonito que sea colaborativo y que dejen sus pinceladas en él
ResponderEliminargenial para motivarse todos los días
A min gustame mais así con ese mural, ahora ten un toque mais alegre 👏👏👏
ResponderEliminarE se encima o mural , aparte de dar alegría , ten un mensaje positivo , que millor , queda estupendo
ResponderEliminar