viernes, 18 de junio de 2021

CAIXÓN DE XASTRE

    Esta semana foi intensa. O curso está a piques de rematar e nós queríamos deixar varias cousas "pechadas" e preparar xa ese remate de curso e de ciclo. Eu tiven o blog un pouco abandonado porque, ademáis das tarefas de aula, tiven reunións, avaliación, titorías e traballos diversos que non me deixaron moito tempo dispoñible para compartir convosco o que ía sucedendo na clase. Así que agora vou facer esta entrada cunha miscelánea de actividades como resumo desta semana, un auténtico caixón de xastre cheo de cousiñas diferentes pero todas elas con interese e significado para os pementeiros e pementeiras.

     Estivemos preparando as bolsas para levar os traballos a casa, facendo as portadas dos caderniños, seguimos falando de ríos e fixemos unha actividade impresa sobre o río Sar, pasamos moito calor a principios da semana e ata puxemos as mesas á sombra das árbores do patio, escoitamos música e bailamos, merendamos fóra...




E, ¿qué estarán estes facendo aquí?



















                                        

























 
    Unha das cousas que máis lles gustou aospementeiros/as foi recibir os Frutipremios. Os "devoradores de froita" recibiron unha cera con forma de piña e, ademais, tiveron a posibilidade de elaborar a súa propia pulseira ou colgante con tantos abalorios como o número de mércores que merendaron froita. Así comprobaron que cando mantemos unha rutina no tempo, acadamos un bo resultado. O importante é ter boa saúde, porsuposto, e a froita axúdanos, pero tamén é agradable ter unha pequena recompensa pola implicación na proposta.






























 











     Como vedes, facemos moitas cousas diferentes e tamén sabemos disfrutar das tarefas que implican máis concentración e atención dun xeito relaxado mentres escoitamos as nosas cancións favoritas. Quizá non conseguín ao longo do curso ter este ambiente en tantas ocasións como eu quixera, xa que costa bastante manter esa actitude de escoita, de disfrute da música esquecendo durante uns minutos a conversa cos compañeiros/as (ou mesmo as discusións que lle quitan o verdadeiro sentido a estes momentos nos que a música nos leva a sentir emocións personais e nos invita a conectar co noso interior e a estimular os dous hemisferios cerebrais). Pero eu quero pensar que aínda que non todos os días fora posible, en moitas ocasións sí que o fixemos (non sempre quedou rexistrado nun vídeo, claro) e quedará nestes nenos e nenas esa pegada, esa vivencia de que podemos aprender, traballar, experimentar cousas diversas nun ambiente agradable e que non deberíamos asociar as diferentes tarefas escolares con algo penoso e pouco gratificante. Papás e mamás, nas vosas mans tamén está lograr que aprender sexa algo estimulante para os vosos/as fillos/as.

   Tamén disfrutamos de lecturas moi interesantes. Como sei que todo o que ten que ver coa mitoloxía lles gusta moito, de cando en vez lemos algún relato mitolóxico. Supoño que xa sabedes que coñecen a Ícaro e Dédalo, a Ulises, a Teseo e o Minotauro, a Eco e Narciso... E agora tocunos coñecer a Prometeo e Epimeteo e de rebote a Pandora e a súa caixa chea de males. ¡Encantoulles este relato e a min encantoume lerllo e ver as súas caras atentas e os ollos ben abertos e interesados!



Aínda faltan cousas por contar, pero será noutro momento.
Bo fin de semana!


1 comentario:

  1. Semana muy productiva y calurosa.
    Contentísimo con su piña cera,la pulsera y la clase fuera.
    Me enteré por aquí que era por la fruta,el me dijo que la pulsera la hicimos en clase y la piña me la regaló Teté.
    Gracias por mantenernos informados este curso,si es por Pablo muchas cosas no las sabríamos.

    ResponderEliminar

DÍA DE MERCADO

    Hoxe, na Pementeira, foi día de mercado. Fomos de compras e practicamos as sumas cos nosos euros, porque cando imos mercar temos que pag...