Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Ríos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Ríos. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de mayo de 2024

COIDEMOS OS RÍOS

    Un ano máis, seguimos participando no Proxecto Ríos, un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, impulsado e coordinado por ADEGA, que pretende involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Moitos centros educativos se enmarcan dentro desta interesante iniciativa, coa intención de que os nenos e nenas comprendan a importancia dos ecosistemas fluviais e vaian interiorizando accións encamiñadas a coñecer, respectar, coidar e manter os nosos ríos.

Nós, alumnas/os e profe da Pementeira, estivemos aprendendo cousas sobre os ríos e reflexionamos sobre a súa importancia. Despois elaboramos un vídeo que resume algunhas cousas das que aprendemos, e coloreamos con acuarelas unha fermosa paisaxe fluvial. Como veredes, son todos moi profesionais e superaron nervios e inseguridades para que o vídeo quedara ben e poder mostrar o que imos aprendendo. É certo que tivemos que facer algunhas repeticións nalgúns casos, ás veces por despistes do/a locutor/a, outras porque falaban moi baixiño e a cámara non rexistraba a voz con claridade e outras porque había ruídos de fondo. Gravando estes vídeos non só traballamos certos contidos relacionados, por exemplo neste caso, co coñecemento da contorna, senón que fomentamos outras habilidades e capacidades como a expresión oral, a memoria, a seguridade nun mesmo, a paciencia, o respecto aos demais, o afán de superación, o traballo en equipo, a responsabilidade. Están, en xeral, un pouco serios/as pero é debido a que se poñen nerviosos/as coa cámara (gústalles moito saír nos vídeos e verse, pero tamén é verdade que enfrentarse a unha cámara non é fácil, todos/as nos poñemos nerviosos e temos que repetir) por iso moitas veces cando facemos o ensaio falan con máis naturalidade e mesmo cun sorriso e cando empezo a gravar póñense máis tensos/as, pero iso é normal, e eu penso que o están facendo moi ben, que están collendo moita soltura e avanzando na adquisición de seguridade en si mesmos, no autocontrol e nas habilidades de comunicación. Así que temos que felicitalas/os a todas/os e animalas/os a seguir esforzándose e mellorando aínda máis. ¡Parabéns para todos/as!

















                                      




                                      



sábado, 3 de junio de 2023

COIDAMOS OS RÍOS

     O venres estivemos facendo un pequeno experimento na Pementeira. Fai uns días lemos un conto moi interesante sobre un castor que estaba moi preocupado porque o seu río estaba moi sucio e sobrecargado de residuos tóxicos. Así que tomou a determinación de facer todo o que estivera na súa man para limpar o seu fogar. Para logralo contou coa axuda doutros animais, que pensaban que non poderían facer nada pero como lles dixo o castor: sempre podemos facer algo e se traballamos en equipo, lograremos mellores resultados.













Así que, igual que o castor, nós quixemos fabricar unha depuradora caseira para filtrar os residuos da auga e lograr que volva estar limpa. Para facela empregamos unha peneira ou cribo, con algodón e pedriñas pequenas. Despois "contaminamos" auga con terra, plásticos e outras cousas que había polo areeiro e, despois filtramos a auga na nosa depuradora e comprobamos como os residuos máis grandes xa quedaban retidos polas pedras, e os residuos de menor tamaño quedaba bloqueados polo algodón e a fina rede da peneira.



Pero, obviamente temos fotos de todo o proceso e, tamén, fixemos unha presentación multimedia con importantes mensaxes. Esperamos que vexades o vídeo e que o disfrutedes, valorando a importancia do que queremos comunicar.












                

                



                       

                        

                                       























   E, despois de conseguir limpar a auga, decdimos utilizala para regar os nosos xeranios.






ACHÉGANSE O SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST

  Estamos a piques de rematar o mes de outubro e,polo tanto, de celebrar a máxica festa do Samáin. Unha celebración ancestral que nos recor...