lunes, 6 de mayo de 2024

COIDEMOS OS RÍOS

    Un ano máis, seguimos participando no Proxecto Ríosun programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, impulsado e coordinado por ADEGA, que pretende involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Moitos centros educativos se enmarcan dentro desta interesante iniciativa, coa intención de que os nenos e nenas comprendan a importancia dos ecosistemas fluviais e vaian interiorizando accións encamiñadas a coñecer, respectar, coidar e manter os nosos ríos.

Nós, alumnas/os e profe da Pementeira, estivemos aprendendo cousas sobre os ríos e reflexionamos sobre a súa importancia. Despois elaboramos un vídeo que resume algunhas cousas das que aprendemos, e coloreamos con acuarelas unha fermosa paisaxe fluvial. Como veredes, son todos moi profesionais e superaron nervios e inseguridades para que o vídeo quedara ben e poder mostrar o que imos aprendendo. É certo que tivemos que facer algunhas repeticións nalgúns casos, ás veces por despistes do/a locutor/a, outras porque falaban moi baixiño e a cámara non rexistraba a voz con claridade e outras porque había ruídos de fondo. Gravando estes vídeos non só traballamos certos contidos relacionados, por exemplo neste caso, co coñecemento da contorna, senón que fomentamos outras habilidades e capacidades como a expresión oral, a memoria, a seguridade nun mesmo, a paciencia, o respecto aos demais, o afán de superación, o traballo en equipo, a responsabilidade. Están, en xeral, un pouco serios/as pero é debido a que se poñen nerviosos/as coa cámara (gústalles moito saír nos vídeos e verse, pero tamén é verdade que enfrentarse a unha cámara non é fácil, todos/as nos poñemos nerviosos e temos que repetir) por iso moitas veces cando facemos o ensaio falan con máis naturalidade e mesmo cun sorriso e cando empezo a gravar póñense máis tensos/as, pero iso é normal, e eu penso que o están facendo moi ben, que están collendo moita soltura e avanzando na adquisición de seguridade en si mesmos, no autocontrol e nas habilidades de comunicación. Así que temos que felicitalas/os a todas/os e animalas/os a seguir esforzándose e mellorando aínda máis. ¡Parabéns para todos/as!

















                                      




                                      



No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...