Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai tempo para os diferentes xogos: manipulativos, máis ou menos dirixidos, de atención, de memoria, simbólico, de expresión corporal, de construcción... Na Pementeira aproveitamos que temos policubos novos (porque tíñamos moi pouquiños e mercamos algúns novos) para facer operacións matemáticas e, así, de paso que manipulamos obxectos (traballamos a coordinación manual, a observación, a autonomía...) imos reforzando o concepto de suma e comprobando dun xeito moi visual e concreto que o resultado dunha suma sempre ten que ser maior que cada un dos sumandos. Todo isto que parece tan lóxico para un adulto, non é tan evidente para un neno/a por iso cos policubos poden ver claramente que iso é así e empezan a interiorizar certas propiedades matemáticas.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
FIN DE CURSO 2026
O remate do curso 2025-26 foi espectacular. Tivemos un festival cheo de ritmo, con moito público e moitas ganas de festa. Pero antes do...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Clea está sempre acompañándonos na Pementeira. Así que como nos parece unha porquiña moi simpática, decimos pintala e así seguimos pract...
Canto aprende os pementeir@s, da gusto verlos👏👏
ResponderEliminar