viernes, 31 de mayo de 2024

QUENTANDO MOTORES PARA O FESTIVAL DE FIN DE CURSO

       Empeza o mes de xuño e xa toca planificar o fin de curso, preparar bolsas e portadas de traballos e, sobre todo, empezar os ensaios da nosa actuación de Fin de Curso que promete ser electrizante, alucinante e ben, ben movida. Como xa sabedes os que que léchedes a nota de hoxe, os nenos e nenas de infantil (coas súas mestras como ben sendo habitual) van bailar un rock´n´roll dos oitenta que non vos vai deixar indiferentes. Seguro que non aguantades nas cadeiras e tamén vos animades a bailar.

      O festival será o día 21, aínda non está concretado o horario así que iremos concretando en canto esté todo decidido e organizado. En principio, como xa é habitual, infantil actuará en primeiro lugar. Como facemos cada ano, as camisetas van ser iguais para todo o grupo, xa estamos as mestras no proceso de "diseño" e  encarga, e en canto estén listas levaranas para a casa. O resto do "look rockeiro" deixámolo á vosa elección, o que nos gustaría é que todos/as leváramos a vestimenta dentro dun código de tres cores: vermello, negro e branco.

     Todos/as temos imaxes nas nosas cabezas de famosos/as rockeiros con indumentarias ou accesorios que xa os definen e os fan inconfundibles, por iso cada un de vós pode buscar inspiración nesesídolos da música, rock, heavy ou pop-rock dos anos 80 en adiante. Podedes mirar imaxes en internet ou deixarvos levar pola vosa imaxinación, porque seguro que se vos ocurren cousas divertidas. É importante que teñades en conta que imos bailar e, polo tanto, non é aconsellable que traian accesorios que lle impidan moverse con comodidade e soltura, que lles caian ao chan ou que non lles permitan ver ben. 








    Non é necesario complicarse moito a vida, como vedes con esas tres cores, vermello, negro e branco, saen combinacións moi vistosas e non moi complexas; leggins, tutús, tenis ou botíns, algunha cadea, guantes, cinturóns e bandanas, pelos cardados ou de punta... en fin hai multitude de opcións e, obviamente, os nenos e nenas de infantil van estar moi divertidos/as sen dúbida.
    Hoxe fixemos un primeiro ensaio do baile e realmente foi fantástico. Metéronse rapidísimamente na canción, saltaron e rockanrollearon xenial, botamos unhas risas e, a verdade, é que os vin moi motivados e con moitas ganas de demostrar que queren ser artistas. Chamoume a atención que a primeira vez que lles presento a coreografía e que eles/as a fan xa a colleran tan ben, e se meteran tanto no papel. A verdade é que o fixeron moi ben e cos días que temos por diante, se conseguimos manter esa ilusión e un pouco de concentración, podemos esperar unha actuación memorable no festival.
     Iremos informando das novedades. Bo fin de semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...