sábado, 25 de mayo de 2024

25 DE MAIO: DÍA DE ÁFRICA.


    Hoxe, 25 de maio, celebramos o Día de África, un día cheo de simbolismo e de valor social xa que este continente cheo de maxia, de cultura, de arte, de ritmo desbordante, de cores vivas, de paisaxes exuberantes, de fauna única, de fermosa luz, de xentes diversas, de misticismo, de símbolos cargados de misterio (podería seguir e non parar), como dicía, este continente único é o berce da humanidade e de aí, desas terras impresionantes saíron os primeiros seres humanos para ir poboando os demáis continentes do planeta.
     Como ben di Eduardo Galeano  "desde África emprenderon os nosos avós a conquista do planeta. Os diversos camiños fundaron os diversos destinos, e o sol ocupouse do reparto das cores. Por iso todos somos africanos emigrados".
       Supoño que, a estas alturas, xa sabedes todos da miña profunda admiración por África (aínda que coñezo unha parte moi pequena deste vasto continente), estaredes fartos de escoitar que cando se viaxa a África, todo cambia e deixas de ser a persoa que antes eras, África déixache unha marca no corazón que non se borra, crea unha necesidade de volver que é difícil de explicar. Eu, desde a aula, sempre intento abrir os ollos dos máis pequenos ás riquezas do mundo, tanto a nivel de elementos naturais como no relativo á variedade cultural e artística. E neste trimestre estamos totalmente mergullados no noso continente veciño que nos namora coa magnética historia de Kirikou, que nos fai cantar e bailar con Olelé Moliba Makassi e que nos leva a empregar as cores vivas dos atardeceres na sabana.




































Aprendemos moitísimas cousas sobre África e fixemos multitude de actividades ao longo deste trimestre. Aquí vos deixo moitas imaxes, exemplos de tarefas, e un vídeo divertido tocando instrumentos musicais, cantando e bailando.
























         

          















 







































































No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...