E chegou o día de celebrar o magosto e o Samaín. Como cada ano, nada máis abrir as portas do cole, todo tipo de criaturas misteriosas e arrepiantes invadiron as aulas e corredores e chegaron ata o patio metendo medo e inspirando desconfianza. Eu non sei de onde sairon tantos esqueletes, vampiros, morcegos, piratas, demos, bruxas, cabazas... o caso é que a zona de infantil e despois todo o cole se convertiron no refuxio de personaxes que nos contaxiaron un certo desacougo e tamén nos fixeron rir.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
domingo, 1 de noviembre de 2026
SAMAÍN E CASTAÑAZOFEST 2026
Tras este berro arrepiante, o equipo de seres terroríficos perfectamente organizado abandonou a aula para facer o seu desfile no patio cuberto.
E, tras este samainesco desfile de personaxes variados, había que darlle algo de comer a estas criaturas terroríficas que nos invadiron. O primeiro plato foron as castañas asadas, protagonistas do tradicional magosto galego e do novedoso CastañazoFest. Agradecémoslle a Manolo a súa labor como "castañeiro oficial" fundamental neste día de tanto axetreo.
O segundo, ou mellor dito o segundo, terceiro e cuarto platos, estaban esperando na aula de psico. Alí as mestras colocamos asdeliciosas viandas que as familias pementeiras aportaron xenerosamente para esta celebración. Temos que agradecervos a vosa dadivosidade, había moita variedade e cantidade de comida. De feito quedaron bastantes cousas sin abrir co cal seguramente para a festa de nadal teremos suficiente. Comprobamos datas de caducidade e gardamos o que non era perecedeiro. Así que mil grazas!
E, xa por último, aínda que non por iso menos importante, chegou o momento dos xogos. Sobra dicir que, aínda que foi unha xornada intensa, as ganas de xogar sempre están presentes nas criaturas reais ou imaxinarias. Rematamos todas e todos agotados pero ben felices.
E agora, todos estes seres do inframundo despídense ata o ano próximo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
SAMAÍN E CASTAÑAZOFEST 2026
E chegou o día de celebrar o magosto e o Samaín. Como cada ano, nada máis abrir as portas do cole, todo tipo de criaturas misteriosas e...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Este venres 17 de abril, recibimos o segundo exemplar do noso xornal Novas de Infantil . Sempre é agradable miralo e ir recordando as di...
-
Chegou o remate do trimestre e non sei a vós, pero a min pasóuseme rapidísimo. É certo que o tempo voa. No cole tivemos festa rachada cu...

