martes, 26 de diciembre de 2023

DISFRUTANDO DO NADAL

      A ninguén se lle escapa que as nenas e os nenos disfrutan moitísimo do Nadal O principal motivo é porque esperan recibir moitos agasallos de Papá Noel e dos Reis Magos. Pero está claro que as luces, os adornos, as reunións familiares, os recordos, á música, e ata as películas que vemos ou os relatos que lemos... todo axuda a encher a  nosa mente e os nosos corazóns dun espíritu positivo imbuido de bos sentementos cara os demais, que sería estupendo manter o resto do ano tamén. Nestes días previosao Nadal, na aula falamos moito dos valores que intentamos desenvolver nos máis pequenos como poden ser a solidariedade, a compaixón, a xustiza, o compañeirismo, o respecto e, por iso, intentei que de cando en vez se "desconectaran" un pouco do feito de recibir agasallos, o cal é moi difícil por suposto. Pero hai que seguir axudando aos máis pequenos a comprender que  o espíritu do Nadal non é acumular cousas senón aprender a compartir, disfrutar da xente e do tempo, cantar e bailar, rir e axudar, na medida das nosas posibilidades, aos que non teñen tanta sorte coma nós. Non se trata de entristecer o Nadal pero sí de axudalos a valorar o importante, de non hiperregalar, e de axidalos a discernir entre amor e materialismo.

       Nós, no cole, intentamos facer unha festa especial de Nadal  cantando e bailando xuntos, compartindo a "merendola", levándolle as cartas aos Reis Magos e falando un pouquiño con eles, e levando a casa con ilusión os traballos do trimestre e as notas. Penso que pasamos moitos momentos divertidos e que estamos aprendendo moitas cousas todos/as xuntos/as e gustaríame que as familias, a través das fotos e vídeos que comparto aquí, fórades partícipes desa vida no cole e tivérades un recordo o máis completo posible desta etapa de infantil.

    Pois con isto, aquí están as fotos e vídeos deste remate de trimestre:








































     Despois de estar coas súas Maxestades os reis Magos de Oriente, subimos á biblioteca para escoitar un conto moi interesante e moi divertido que nos fixo pasar un rato ben entretido por certo.







































































      A continuación do contacontos, todo o mundo empezaba a ter fame así que xa era hora de compartir unha estupenda merenda que, nesta celebración, aportaron as familias dos nenenos e nenas da aula de 3 anos. Estaba todo riquísimo!












































       E tras repoñer forzas, veña! hora de xogar cuns xogos tradicionais elaborados con materiais que respectan o medio ambiente, fuxindo de plásticos. O interesante era, tamén, investigar, intentar, probar, coñecer, descubrir, interiorizar novas formas de xogar e novos mecanismos de diversión.

                         
                         
                         
                         

















                               

























     E non pensedes que con esto xa rematou o día, pois non, aínda quedaba tomar as uvas da sorte e escoitar a Marcha Radetzky e, por último, coller as bolsas cos traballos para marchar de vacacións e descansar deste axetreo!
  


































































O AVECUNCHO MEDRA

  Parece que imos entrando en materia e empezamos a interesarnos polas aves que teñen moitas cousas que contarnos. O noso avecuncho está me...