lunes, 31 de enero de 2022

MOITAS COUSAS

   Hoxe toca facer unha desas entradas cheas de cousas diferentes porque na Pementeira estamos traballando moito ultimamente e casi non me da tempo de contar todo no blog. Así que empezamos...

  1.- Sesión de ioga: O venres 28 tivemos a nosa sesión semanal de ioga. estivemos facendo unha secuencia con varias posicións encadeadas. Algunha das asanas tivo certa complicación, pero cando consigo que os pementeiros/as escoiten, se concentren e observen con atención, hai unha mellora salientable. Foi unha sesión moi productiva e si vos fixades nas fotografías, hai algunhas posicións realmente moi logradas.







































   2.- Reto.- Como sabedes estamos coñecendo a ópera "A Frauta Máxica" de Mozart. Un dos personaxes principais da trama é Papageno que se presenta tocando unha frauta de Pan. A conclusión lóxica para os pementeiros/as foi que se chamaba así porque estba feita de pan, pero xa lles expliquei que non era así, que é un instrumento de vento feito de canas de diferentes lonsitudes. Así que había que averiguar por qué esa frauta peculiar recibe ese nome: ¿Por qué esta frauta se chama " Frauta de Pan"?
     O caso foi que os pementeiros/as debían de ter curiosidade porque 12 nenos e nenas investigaron na casa sobre a frauta de Pan. Quero felicitalos a todos/as por ter ganas de buscar respostas. Non todos/as trouxeron a resposta exacta pero aínda así estou contenta vendo como se van animando a facer investigacións na casa, van intentando recordar a miña pregunta e van achegándose á resposta correcta.
     A Frauta de Pan chámase así porque na mitoloxía grega, o deus dos bosques, dos rebaños, do pastoreo chamábase Pan e tocaba unha siringa (que é o nome que lle daban os gregos a este instrumento). Pan era un deus cun aspecto un tanto especial porque tiña corpo de home pero patas e cornos de cabra.



Hoxe fixemos unha actividade impresa sobre a frauta de Pan.



   3.- Seguindo co tema da Frauta Máxica de Mozart, hoxe fixemos unha pequena representación teatral para recordar o que xa coñecemos da historia e aproveitar para contarlla a Gala e Vera que non estiveran na clase cando a contamos. Pasámolo xenial! Todos/as queren ser actores e actrices!
O dragón está morto e Tamino perdeu o coñecemento

Chega Papageno e tropeza con Tamino.

Tamino esperta e fala con Papageno.

Ven ao dragón morto e Papageno di que o matou él.

Aparecen as Tres Damas e cóntanlle a Tamino que foron elas as que mataron ao dragón. Póñenlle un candado na boca a Papageno por falar de máis.

Aparece a Raíña da Noite e pídelle a Tamino que vaia liberar á súa filla Pamina xa que Sarastro a ten secuestrada.


    4.- Seguimos xogando e aprendendo coas regletas. Todos/as están entendendo bastante ben como compoñer e descompoñer números grazas ao emprego de regletas. De feito teñen ganas de manipulalas e ir probando a ver qué combinacións de números poden ir facendo.



























   5.- Hoxe, seguindo un pouco coas lecturas relacionada co Día da Paz, estivemos recordando a historia de Wangari Maathai que tamén protagonizou un dos murais que pintamos no patio do cole.
    Por si na casa queredes recordar a esta magnífica muller que recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004, aquí vos deixo un vídeo.

  6.- Rosalía, que estes días non pudo vir ao cole, quería recomendarlles aos seus amigos e amigas dous libros e mostrarlle as cousas que está facendo na casa.



   E hoxe xa non vos conto máis, pero aínda quedaron algunhas cousiñas no tinteiro.

FIN DE TRIMESTRE. CHEGOU A PASCUA!

    Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...