lunes, 17 de enero de 2022

CATRO ACTIVIDADES E UN ANIVERSARIO

      Hoxe vou facer unha entrada cun título con reminiscencias cinematográficas (non sei se alguén percibiu a broma no título). En fin que teño moitas cousas que compartir convosco. Pois sí: catro actividades diferentes e un aniversario.

     Empezamos:

    1.- Sesión de ioga do venres. O pasado venres, como é habitual, adicamos un cachiño da xornada a estirar os músculos e a concentarnos nas diferentes asnas. Fixemos o saúdo ao sol e estivemos traballando o equilibrio e a alineación do corpo, pernas e brazos.








  2.- Un novo reto! Como cambiamos os nomes dos equipos e nos achegamos ata o Congo, ¡nada máis e nada menos!, coñecemos o río Congo e estivemos vendo algunhas fotos nas que poidemos apreciar que este río no seu percorrido describe unhas curvas, unhas reviravoltas peculiares (que tamén poden aparecer nos cauces doutros ríos do mundo). A cuestión foi: ¿cómo se chaman esas curvas, esas ondulacións tan redondeadas que vemos no río Congo?. E teño que dicir que houbo moitos investigadores/as na Pementeira e que moitos/as descubriron a palabra exacta. Esas curvas nos ríos chámanse MEANDROS.



3.- Actividades numéricas: estamos intentando coñecer ben a serie numérica e afianzar conceptos como o orden, a relación entre os números (maior, menor, anterior, posterior...), a composición e descomposición de números e tamén as grafías. Neste aspecto gustaríame insistir un pouquiño en que casi todos os nenos/as teñen que reforzar a grafía tanto de letras como de números xa que estou comprobando que volvemos das vacacións de Nadal e de novo vexo moitos números do revés, e  a direccionalidade do trazo está pouco automatizada co cal hai moitas dúbidas sobre onde empezar os trazos e en que dirección se fan os xiros. Por iso se aceptades o consello dunha profe cun pouquiño de experiencia, eu diríavos que non adiantedes aos nenos traballando as grafías das letras minúsculas por exemplo (vexo nos pasaportes que o estades a facer) e os nenos/as non teñen claro como facelas, están mesturando letras en cursiva enlazada, letras de imprenta, letras maiúsculas e iso fai que non acaben de fixar ben nin unhas nin outras desde o meu punto de vista. Pensade que si aínda non teñen claro como facer o número 1, o 3, o 5, o 9, e as grafías da S, ou a G, ou a K por exemplo, non imos gañar nada querendo adiantar aprendizaxes sin ter ben asentadas as bases. É un consello. Eu non quero frenar aos nenos/as, iso podo asegurárvolo, pero si na casa queredes traballar cousas novas, eu aconsellaríavos que tivérades claro como deben realizar os diferentes trazos para axudalos nos primeiros pasos porque correxir malos hábitos despois é moito máis difícil.
   Pero ao que íamos. Traballamos a serie numérica ordenando números e melloramos a coordinación óculo.manual e a precisión coas tesoiras, e completamos a táboa cos kilogramos que pesa cada pementeiro/a facendo un "ranking" empezando no peso maior e rematando no menor. Foi unha actividade moi entretida e completa.













   4.- Actividade de plástica. Estivemos coloreando unhas letras musicais para poñer  o título do proxecto encima da nosa orquesta pementeira. Despois de pintalas, botámoslle barniz e purpurina para que quedaran máis festivas.
   





E, despois das 4 actividades diferentes, a noticia máis importante do día foi o aniversario de Aarón. O sábado cumpliu 6 anos e hoxe celebrámolo todos xuntos na Pementeira, con coroa, candeas, canción e círculo dos eloxios como debe ser.




Aproveitando que facía bo día, saímos ao patiopara comer as galletas do cumple e facer fóra o "Círculo dos eloxios".









  A primeira en decirlle a Aarón unhas palabras eloxiosas, e despois xa falaron os compañeiros e compañeiras.
   - Aarón, encántame ver a túa alegría cando che gusta o que contamos no cole ou as actividades que facemos. Gústame o teu entusiasmo e enerxía. E cando escoitas as explicacións e fas ben as tarefas síntome feliz co teu traballo. Felicítoche por ser alegre e as túas ganas de disfrutar cos amigos e amigas.
    - Gústame como traballas e como fas as fichas.
   - Gústame que sexas o meu amigo e xogues comigo no patio.
   - Gústame ver o teu sorriso e que sexas o meu amigo.
   - Eres o meu mellor amigo e gústame estar contigo no cole.
   - Gústame como debuxas e como traballas.
   - Gústame como escoitas á profe e fas os traballos.
   - Eres bo compañeiro e quero ser o teu amigo.












   E xa para rematar, unhas fotiños de regalo. Como este inverno estamos tendo bastante soliño, podemos merendar moitas veces no patio. Así que están as fotos do último día que tomamos a merenda fóra.







1 comentario:

  1. Parabens Aarón!!! Espero que pasaras un súper aniversario.
    Un bico enorme e que actividades mais chulas estades a facer.

    ResponderEliminar

XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

      Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matem...