Como xa queda pouquiño para o día da Paz, estamos falando moito nas asambleas sobre as conductas, os comportamentos, as actitudes que nos axudan a vivir en paz. Hoxe contamos un bonito conto, moi cortiño, con poucas palabras e ilustracións moi sinxelas pero moi expresivas, cun uso limitado das cores pero con moito significado, fácil de comprender nunha primeira lectura pero tamén cheo de contido, profundo na súa mensaxe.
Ás veces non fan falta moitas páxinas, nin discursos moi elaborados para transmitir unha idea importante e este conto é un perfecto exemplo de que con toda a sinxeleza do mundo podemos explicarlles aos peques situacións reais e plenamente actuais.
Mirade como vos recomendan esta historia tan fermosa:
No hay comentarios:
Publicar un comentario