E hoxe conmemoramos o Día Mundial da Paz e a Non Violencia. Todos/as deberíamos traballar pola Paz cada día, pero sabemos que non o facemos. En moitos lugares do mundo hai conflictos que están dificultando a convivencia entre a xente, hai pobreza, hai guerras, hai falta de liberdade, hai persecucións por causas diversas... Así que unha das cousas que deberíamos tratar de inculcar nos nenos/as é a importancia de ser tolerantes, respectuosos coas diferencias e solidarios. Lograr un mundo máis xusto é un traballo de todos/as. Así que, desdeo cole, tamén intentamos fomentar a reflexión sobre este tipo de cuestións, achegando aos máis pequenos a historias, sucesos, situacións que non son ideais, que non aparecen nos contos de fadas e que non nos fan rir pero que son reais e, tristemente, frecuentes. A través, por exemplo, de contos, cancións e curtametraxes estivemos traballando moitas cousiñas relacionadas con todo isto, dun xeito sinxelo, adaptado á idade dos alumnos/as, e promovendo a comprensión, a reflexión e a expresión.
Falamos de Gandhi, por exemplo, lemos moitos contos, recitamos poemas e cantamos cancións relacionadas coa convivencia pacífica, o diálogo, o respecto, a comprensión, o amor...
Tamén fixemos un colgante e coloreamos un debuxo que vai ser o que pintemos fóra, na parede do patio de primaria (por cuarto ano concecutivo, o Equipo de Extraescolares plantexa esta actividade de pintar un mural cun tema relacionado coa paz e na que poden participar todos os alumnos e alumnas do centro).
Pero que bonito traballo sobre a Paz!!! Encántame o ben que lles quedou e o ben que cantan e disfrutan no cole
ResponderEliminar