lunes, 10 de enero de 2022

INICIAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE

    Hoxe chegamos ao cole con ganas de empezar o segundo trimestre do curso e dispostos/as a experimentar novas emocións, a asumir cambios e a seguir aprendendo xuntos/as.

    A xornada estivo chea de  actividades, houbo de todo: unha sorpresa dos Reis Magos, cambio de equipos (tanto dos nomes como dos compoñentes de cada un), un aniversario e algún traballiño escrito para retomar as rutinas. 

    Así que empezamos:

    Cando entramos pola mañán na aula atopamos nunha cadeira uns paquetiños cunha carta escrita nun pergamiño. Os nenos e nenas enseguida sospeitaron que iso era cousa dos Reis Magos e, efectivamente, así era. Os Magos de Oriente quixeron deixarnos un pequeno agasallo no cole para animarnos a seguir lendo, investigando e descubrindo cousas novas cada día.







     Despois de ver os agasallos e falar sobre eles (encantounos que os Reis Magos nos trouxeran libros tan interesantes e estamos desexando poder lelos) tivemos unha conversa sobre a importancia de manter, neste segundo trimestre, unhas normas de hixiene e de seguridade para seguir mantendo a raia a este coronavirus que non acaba de deixarnos en paz. E, a continuación fixemos a presentación dos novos equipos.


   Si no primeiro trimestre os nomes de cada equipo eran os de cantantes famosos e importantes na Historia da Música recente (Jackson 5, Abba, Tina Turner e Queen), agora tocaba facer viaxes máis longas a lugares diferentes donoso planeta Terra. Por iso quixen escoller algunhas cancións infantiles, que nos poden enganchar rapidamente, pero que nos leven a culturas diferentes, a países lonxanos e mesmo a linguas pouco coñecidas pola maioría de nós. Aquí vos presento as 4 cancións que darán nome aos nosos novos 4 equipos:

1.- OLELÉ MOLIBÁ MAKASSÍ (CONGO-ÁFRICA)
2.- ANTOSHKA (RUSIA-EUROPA/ASIA)
3.- TARANTELLA (ITALIA-EUROPA)
4.- EL MAMBORETÁ (ARXENTINA-AMÉRICA DO SUR)

    Con estas cancións escoitamos linguas moi diferentes: o lingala, o ruso, o italiano e o guaraní. ¿Queredes escoitalas? Pois aí vos deixo os videos.





  A ver si pouco a pouco as imos aprendendo todas porque son ben divertidas.
   E como iniciamos un novo ano, o 2022, hoxe fixemos unha actividade impresa sobre Daniel Baremboim que foi o director de orquesta que dirixiu este último Concerto de Aninovo  retransmitido desde Viena. Alegroume moito que varios/as pementeiros/as me dixeran que estiveron vendo o concerto e batendo palmas ao ritmo da Marcha Radetzky.
   Baremboim é un home do que é importante coñecer algunhas cousiñas porque non é unicamente un gran músico senón tamén unha boa persoa preocupada pola paz e a concordia no mundo. Empezou a tocar o piano cando só tiña 5 anos e con 25 xa debutou dirixindo nada menos que a Orquesta Filarmónica de Londres. Naceu en Arxentina (mirade que coincidencia, igual que o mamboretá) pero tamén ten a nacionalidade española, israelí e palestina (algo ben curioso e chamativo tendo en conta as relacións tan problemáticas entre Israel e Palestina, verdade?). Baremboim foi agasallado co Premio Principe de Asturias da Concordia por crear unha orquesta con xente xoven destes dous países en conflicto permanente, demostrando que a música sirve para unir, para crear e cooperar, para disfrutar xuntos, para relacionarnos uns cos outros en harmonía. Así que esperemos que co modelo de Baremboim, nós tamén poidamos aprender a traballar xuntos  e a disfrutar coa música.



















  Asimesmo, varias nenas/os me contaron que foron ver o ballet do Crebanoces a Santiago e que lles gustou moitísimo. Faime moi feliz ver como estes peques disfrutan coa música e van coñecendo obras clásicas cheas de maxia e de beleza.



    E para rematar esta entrada queda outra cousa tamén moi importante desta primeira xornada do segundo trimestre: o aniversario de Clara Viturro que xa ten nada máis e nada menos que 6 anos!!! Estaba moi contenta de celebrar o seu cumple con todos/as os/as compañeiros/as.




    Como é habitual fixemos o "Círculo dos eloxios" e fomos dándolle a Clara un agasallo en forma de bonitas palabras para facerlle ver as cousas boas que nos gustan dela. Empecei eu dicíndolle o seguinte:
   -Clara, gústame moito cando me escoitas con atención e, despois, sabes as respostas ás preguntas que eu fago porque tes boa memoria. Tamén me gusta cando comprendes que ás veces temos que esperar  un pouco a que nos fagan caso, e non te enfadas. E encántame cando fas ben as tarefas porque estás concentrada. Así que quero felicitarche por todas as cousas que fas ben e como vas esforzándote cada día.
  A continuación, os seus compañeiros e compañeiras dixéronlle algunhas cousas como:
  - Gústame moito como fas os traballos do cole.
  -Gústame xogar contigo no patio e que sexas a miña amiga, quérote moito.
   -Gústame como coloreas e como xogas.
   - Gústame como escoitas á profe.
   - Eres moi boa compañeira e quérote moito.
  -Eres a miña amiga e gústame xogar contigo no parque da guardería.









   Despois do "Círculo dos eloxios" chegou o momento de disfrutar coas galletas que nos trouxo Clara e que estaban deliciosas.












     
   Como vedes foi un día completiño, cheo de cousas diversas, de sorpresas, de noticias e coa alegría do reencontro. Esperemos que tras o día de hoxe, teñamos un trimestre estupendo, sin sustos e dentro da normalidade propia desta época convivindo coa covid.
   Seguiremos informando...

1 comentario:

  1. Parabens Clara!!! Que maiores se van facendo estes nenos e nenas e cantas cousiñas lles trouxeron os reis.

    ResponderEliminar

XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

      Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matem...