Con motivo da celebración do Día do Libro, decidimos facer as nosas recomendacións para aqueles nenos e nenas que teñan ganas de ler. Cada pementeira/o pensou cal é o seu libro favorito e despois de escribir o título fixo un debuxo sobre el. Non me sorprendeu nadiña que o conto máis recomendado sexa Kirikú e a bruxa Karabá porque é unha historia que sempre triunfa e eu teño a sorte de ver as caras dos peques cando llo conto, así que non teño unha mínima dúbida do moito que disfrutan con este pequeno africano. En fin, aquí están as suxerencias destes nenos e nenas.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
miércoles, 27 de abril de 2022
RECOMÉNDOCHE UN LIBRO
domingo, 24 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO
Onte, 23 de abril, conmemorábamos como cada ano o DÍA DO LIBRO. Na Pementeira sempre temos presente a importancia dos libros nas nosas vidas, como instrumentos de formación, de transmisión cultural pero tamén como vehículos de evasión, de disfrute e de expresión e canalización de emocións. Así pois, ademais de calqueira actividade que se poda planificar , a mellor maneira de darlle valor aos libros é empregalos nas aulas e nas familias, tocalos, contemplalos, mergullarse nas súas palabras e nas súas ilustracións, vivilos, comentalos, e deixar que as nosas sensacións vaian fluíndo libremente con eles.
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
17 de maio, unha data importante para os galegos, para a nosa lingua, para a nosa cultura e para as nosas tradicións. No cole tamén quer...
-
O proxecto Plumas está dando moitas posibilidades de aprender cousas interesantes. Un dos obxectivos deste curso e´sen lugar a dúbidas, ...
-
De cando en vez na Pementeira recibimos visitas interesantes, pero o venres tivemos unha realmente inesperada, alucinante, emocionante, vi...
-
Hoxe tivemos un día moi especial na Pementeira. Grazas á avoa e á mamá de Carla puxemos en marcha unha experiencia que pode resultar moi i...