jueves, 21 de abril de 2022

O CUMPLE DE SAMUEL

      Onte celebramos o aniversario de Samuel que estivo de cumple o día 18. Con todos os compañeiros e compañeiras da aula xa reunidos, Samuel apagou as candeas, escoitou  a canción de cumpleanos feliz, repartiu as galletas que el trouxo e escoitou os eloxios que lle adicamos.


















   Despois de disfrutar das galletas no patio e xogar un pouco, tivemos que entrar para facer o Círculo dos Eloxios no interior xa que caeron unhas gotas e non quixemos arriscarnos a coller unha molladura.














  Como é habitual, comencei eu dicíndolle a Samuel o que me gusta del:
   -Samuel, encántame cando pos atención e fas as tarefas con interese, como fixestes hoxe, síntome alegre cando che podo felicitar e sei que ti tamén te sintes orgulloso e iso é estupendo. Gústame cando entras feliz no cole e me dis que te atopas xenial, cando xogas cos compañeiros/as con alegría e sin caprichos e cando disfrutas do que facemos todos xuntos no cole. É estupendo verte cando participas nas actividades e despois marchas contento porque disfrutastes da xornada.
    - Gústame xogar contigo no patio e eres bo amigo.
    - Gústame cando fas as tarefas e non te encaprichas porque así sáenche ben.
     - Gústame como fas as posicións de ioga, como xogas e quérote moito.
     -Gústame ver o teu sorriso, e fas ben as tarefas, e gústame como fas as formas de plasti.
      - Gústame cando compartes cos compañeiros, e cando xogas no patio e eres bo compañeiro.
       -Gústame cando te esforzas e cando te fixas nas cousas boas, porque si solo miras as cousas malas non vas disfrutar das cousas boas.
       - Gústame como fas as fichas, e que sexas meu amigo e quérote moito.
      - Gústame ver cando estás activo no patio e xogas conmigo.

   Aproveito esta entrada para comentarvos que neste trimestre os nenos/as da Pementeira poden vir os VENRES sin mandilón. Como é o día que facemos ioga (e xa o sacan para facer a práctica) e xa son os maiores de infantil, a miña proposta é que rematen a semana disfrutando dun día sen mandilón. Agora ben, si as mamás e os papás consideran que os que van comer ao comedor é mellor que o poñan para evitar manchar a roupa de comida (xa que na hora da comida poden mancharse máis e, tamén, pode ser difícil quitar certas manchas) poden traelo na mochila e poñelo no momento que saian. Como sempre digo, é importante que veñan con roupa cómoda coa que poidan traballar e disfrutar no cole, os venres imos seguir facendo ioga, xogaremos no patio, sentarémonos no chan etc. etc. co cal é importante que os nenos e nenas se sintan cómodos para facer diferentes actividades. Vir sen o mandilón failles ilusión e pode ir axudando a que sexan máis responsables, a sentir que van medrando e que imos confiando neles.


1 comentario:

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ROCK´N´ROLL CON PAKOLAS E PALABRAS FERMOSAS

          ¡Viva o roc´n´roll! Cómo nos gusta a música! Onte, mércores 15 de maio, visitamos a Fundación Camilo Xosé Cela para disfrutar dun ...