Onte, 23 de abril, conmemorábamos como cada ano o DÍA DO LIBRO. Na Pementeira sempre temos presente a importancia dos libros nas nosas vidas, como instrumentos de formación, de transmisión cultural pero tamén como vehículos de evasión, de disfrute e de expresión e canalización de emocións. Así pois, ademais de calqueira actividade que se poda planificar , a mellor maneira de darlle valor aos libros é empregalos nas aulas e nas familias, tocalos, contemplalos, mergullarse nas súas palabras e nas súas ilustracións, vivilos, comentalos, e deixar que as nosas sensacións vaian fluíndo libremente con eles.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
domingo, 24 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO
Pero o venres tivemos tamén unha sorpresa xa que a profe María veunos facer unha visita. Estábamos moi contentos de vela (e ademais tróuxonos uns agasallos, ¡qué sorte!)
E, por suposto, non nos esquecemos da nosa sesión semanal de ioga. Nesta ocasión estivemos traballando pernas, glúteos e abdominais. Os exercicios parecen moi faciliños pero non pensedes que non nos estamos esforzando, xa que temos que colocarnos ben alineados, afianzar ben pes e mans no chan, apretar ben gluteos e abdominais, estirar pernas, brazos, e costados e manter as posicións durante uns minutos. ¡Traballamos con concentración e interese e logramos algunhas posturas realmente impresionantes!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
ACHÉGANSE O SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST
Estamos a piques de rematar o mes de outubro e,polo tanto, de celebrar a máxica festa do Samáin. Unha celebración ancestral que nos recor...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Este venres 17 de abril, recibimos o segundo exemplar do noso xornal Novas de Infantil . Sempre é agradable miralo e ir recordando as di...
No hay comentarios:
Publicar un comentario