miércoles, 20 de abril de 2022

NOVOS EQUIPOS

      Hoxe xa foi un día normal na Pementeira con todo o alumnado presente e con moita actividade durante toda a xornada. E empezamos un novo trimestre con novedades xa que hai cambios de equipos, con nomes relacionados coa deriva que vai tomando o noso proxecto Musiqueando. ¿Queredes saber como se chaman os novos equipos e quen son os compoñentes de cada un? Pois aí van.









  Como vedes, imos investigar, aprender e disfrutar da música coma sempre pero neste trimestre iremos achegándonos á música tradicional galega. Poñer nomes aos equipos implica (como fixemos en trimestres anteriores) falar, explicar e relacionar moitos conceptos que non teñen que ver exclusivamente coa música. Espero que os pementeiros/as recorden todo o que falamos hoxe sobre o significado das palabras MUIÑEIRA, REGUEIFA, ATURUXO e ALALÁ. 
   Tamén fixemos unha actividade impresa sobre algúns instrumentos musicais tradicionais de Galicia.





























   E agora temos que seguir poñendo en marcha novas actividades e propostas relacionadas coa nosa música. ¡A investigar e a aprender!


2 comentarios:

GALOPÍN, FOLLAS DE OUTONO E IOGA

    Non sei se os pementeiros e pementeiras falan na casa de Galopín porque na aula disfrutamos moito con el. É un cabaliño moi viaxeiro que...