viernes, 23 de diciembre de 2022

¡BO NADAL!

   E chegou o remate do primeiro trimestre e as vacacións de Nadal! Iniciamos estas festas que tanto lles gustan aos peques con moita festa,  ilusións,  sorpresas, historias, xogos, comilonas e con ganas de mostrar  todo o noso traballo feito para que as mamás e os papás comproben o productivo que foi este tempo na Pementeira.

   A xornada do xoves foi realmente intensa. Todos os nenos e nenas chegaron moi elegantes, saíron a fóra a recibir ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, entregáronlle as súas cartas, recibiron unhas chuches de agasallo, disfrutaron dunha sesión de contacontos, xogaron no patio cuberto cuns xogos diferentes aos habituais nestes días, deron boa conta dunha merenda deliciosa que trouxeron os alumnos/as da aula da profe Paula, comeron as 12 uvas ao son das campanadas, bailaron un pouco e, por suposto, sacamos miles de fotos para ter bos recordos desta super celebración.






















 





















































































































































































    Foi un día moi completo, moi intenso, non paramos nin un minuto, disfrutamos moito e acabamos todos agotados pero penso que felices. Non sei qué vos parecen estas imaxes do cole, pero a verdade é que mostran moitos momentos e actividades diferentes, vense sorrisos, expectación, nervios, ás veces ata desconcerto, curiosidade, ilusión e ganas de disfrutar. 

    Espero que todos teñades unhas felices festas en familia, que estedes contentos cos progresos dos vosos fillos e fillas, e que afrontedes o novo ano con moita ilusión e enerxía positiva!



FIN DE TRIMESTRE. CHEGOU A PASCUA!

    Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...