Estamos xa mergullados no espíritu do Nadal. Os peques non paran de falar dos agasallos que lle van pedir a Papá Noel, xa me contaron os que puxeron a árbore ou os que van poñer estes días que non hai cole e, claro, aquí tamén estamos xa empezando coa decoración que sempre nos transmite emocións positivas. Nós, na Pementeira, estamos facendo tamén algunhas cousiñas pero imos a modiño así que xa vos irei mostrando nos vindeiros días gran parte do traballo que estamos a facer. Para empezar estivemos pintando unhas folliñas de acebo, que é unha árbore moi fermosa e moi relacionada co Nadal. Non todos/as as remataron porque estes últimos días hai varias baixas na aula e aí andamos, intentando non perder o ritmo e ao mesmo tempo esperando con ganas que todos os nenos e nenas volvan canto antes.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
miércoles, 7 de diciembre de 2022
PREPARÁNDONOS PARA O NADAL
Algunhas das folliñas de acebo xa as colocamos nun mural. Agora falta rematar as que faltan e seguir decorando os corredores e espazos comúns de infantil.
E para que as familias tamén vos animedes a entrar xa nas actividades típicas do Nadal, hai varias propostas nas que podedes participar: un concurso de postais, a elaboración dun adorno que poidamos colgar na nosa árbore de infantil (cada familia pode elaborar ese adorno cos materiais que queira, botándolle imaxinación) que conteña un bo desexo, e unha mostra de xoguetes doutra época.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!!
Xa estamos de volta! As vacacións de verán remataron e damos inicio ao curso 2026-27. Que ganas temos xa de vernos, falar, cantar, esc...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Clea está sempre acompañándonos na Pementeira. Así que como nos parece unha porquiña moi simpática, decimos pintala e así seguimos pract...



.jpeg)

.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario