Como andamos rematando trimestre e teño moitas cousas que facer, a verdade é que deixei o blog un pouco olvidado (o tempo non me dá para todo) pero iso non quere dicir que non estivéramos facendo mil cousas na Pementeira. Así que hoxe encheremos esta entrada do blog de actividades diferentes, visitas sorpresa, música e artes plásticas. Empezamos:
O luns recibimos no cole unha visita sorpresa. ¿Sabedes quen apareceu polo cole e nos trouxo un pequeno agasallo?
O luns tamén tivemos outra sorpresa porque veu Gael ao cole e levábamos moito tempo sen velo. Eu quedei moi contenta porque viñera e tamén porque saiu voluntario para ser explorador e pasar lista así que isoé xenial, chegar ao cole con ganas!
Seguimos poñendo adornos e bos desexos na nosa árbore de infantil.
E como queremos que o cole esté super decorado para a festa de mañán, e a profe Ana e os seus nenos e nenas traballaron moito, moito, nós tamén intentamos poñer o noso granciño de area i fixemos unha árbore para a aula de psico (que é onde faremos a merenda conxunta cos compañeiros /as das outras aulas) e agora está alí colocada xunto coas que fixeron nas outras aulas. Foi un traballo de equipo e o resultado quedou bastante vistoso.
E tamén tivemos tempo de xogar, por suposto, e de ter unha sesión de cine de Nadal.
Que gran traballo fixeron (fixechedes) todos, a arbore quedoulles preciosa e o decorado non pode ser mais bonito ao igual que o é a portada do caderno que trouxeron para a casa eu estou encantada vendo o que disfrutou estos días facendo todo eso porque no contaba emocionada na casa. Noraboa outra vez por todo e polo blog tamen . Feliz Navidad Teté 🧑🎄☃️🦌🥂
ResponderEliminarBo Nadal para vós tamén, Iratxe! Grazas por visitar o blog e por deixar o teu comentario. Alégrame ver que van contando cousiñas na casa e que mostran o que disfrutan no cole porque temos moitos momentos estupendos e, de feito, intento mostralos a través desta ventá que é o blog. Hai moita actividade, moito traballo de equipo, moito esforzo conxunto pero tamén diversión e aprendizaxe porque a través de todo isto eles/as van comprendendo a felicidade que se sinte por dentro cando conseguimos un obxectivo, e iso é básico na maduración e evolución destes pequenos/as. Grazas e boas festas!
Eliminar