domingo, 4 de diciembre de 2022

PEMENTEIRAS VIAXEIRAS, PEMENTEIROS VIAXEIROS

       As imaxes son importantes recursos para promover aprendizaxes especialmente cando traballamos con nenos e nenas pequenos, que aínda non len. Quero dicir que, partindo da base de que non están nese momento en que poidan decodificar signos escritos, os debuxos e fotografías son elementos que nos axudan a xerar emocións, a atraer a atención, a presentar contidos diversos, a estimular a memoria... Por iso eu emprego habitualmente na aula os Bits de Intelixencia, que ademais lles encantan. Cando traballo cos bits empezo simplemente mostrando a imaxe e dicindo o nome, pouco a pouco vou introducindo máis información e relacionando diferentes datos para que os nenos e nenas se vaian habituando a realizar asociacións e clasificacións de diferentes contidos, para que vaian iniciándose en tarefas de organización da información e de interconexión entre as aprendizaxes de áreas diferentes.

    Aquí vos deixo algúns dese bits que os pementeiros e pementeiras coñecen por si queredes velos con eles e comprobar cantos teñen xa perfectamente identificados. 












    Con estas imaxes, tamén estamos viaxando polo mundo. Como fixo Egeria no século IV, percorrendo as calzadas romanas desde Gallaecia ata Terra Santa, nós imos viaxando polos cinco continentes grazas ás historias e poemas que lemos e as imaxes que contemplamos.
    Así que para ir entrando en materia e ir decorando os corredores, na aula A Pementeira elaboramos entre todos un mural relacionado co Proxecto Egeria. O proceso de traballo foi bastante longo porque houbo que pintar moitas cousas, recortar, poñer fotos, organizar as diferentes imaxes... Finalmente temos un mural moi viaxeiro no que os pementeiros e pementeiras aparecen representados percorrendo o mundo, visitando lugares coñecidos por todos e disfrutando da aventura.








 








E, despois de tanto traballo, aquí está o resultado final.













2 comentarios:

  1. O mural é precioso!!! Que gran traballo. Encantame 🥰

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas! É un traballo de equipo, que levou o seu tempo e que recolle algunhas cousiñas que imos aprendendo. Eu creo que quedou divertido e que reflexa a idea do proxecto: ter ganas de explorar o mundo, de descubrir lugares e monumentos, de viaxar de formas distintas vivindo experiencias enriquecedoras... Grazas por valorar este esforzo de todo o grupo de pementeiras e pementeiros! Para elas/es é importante a vosa opinión así que estarán felices de ver que vos gusta.

      Eliminar

OPERACIÓNS MATEMÁTICAS

    As mates están presentes no nosos día a día. Constantemente facemos cálculos e os nenos e nenas tamén, de xeito instintivo e con natural...