lunes, 12 de diciembre de 2022

¡CANTO TRABALLO!

  Estamos que non paramos! Chega o Nadal e temos moitas cousas que facer! Antes de nada, hai que dicir que algúns pementeiros e pementeiras se animaron a participar no concurso de postais de Nadal e tamén aportaron algúns adornos, cos desexos, para a árbore que temos en infantil. Fixeron cousas moi chulas! Así que, parabéns por participar e polos bonitos traballos.









    Estes días estamos decorando as bolsas nas que imos levar os traballos para a casa cando remate este primeiro trimestre. Como non quero mostrarvos aínda o resultado final, porque os peques queren darvos unha sorpresa, só vos vou mostrar o inicio do proceso. Veredes como están todos pintando co rodillo e pouco a pouco lle van collendo o truco. Dentro de poucos días xa veredes a bolsa rematada.

 
















 







   ¿Queredes ver como quedan finalmente as nosas bolsas? Pois estade atentos ao blog e xa iremos mostrando como avanzan as tarefas de decoración.
   Ademais destas tarefas plásticas seguimos traballando outras cousiñas, facendo as rutinas do día a día e xogando nos recunchos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO: FESTIVAL, "MERENDOLA" E DESPEDIDA

      E chegamos ao final! O tempo voa e estamos no mes de xuño, co traballo rematado e dispostas/as a viaxar, a ir á praia, a reunirnos coa...