E chegou o remate do primeiro trimestre e as vacacións de Nadal! Iniciamos estas festas que tanto lles gustan aos peques con moita festa, ilusións, sorpresas, historias, xogos, comilonas e con ganas de mostrar todo o noso traballo feito para que as mamás e os papás comproben o productivo que foi este tempo na Pementeira.
A xornada do xoves foi realmente intensa. Todos os nenos e nenas chegaron moi elegantes, saíron a fóra a recibir ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, entregáronlle as súas cartas, recibiron unhas chuches de agasallo, disfrutaron dunha sesión de contacontos, xogaron no patio cuberto cuns xogos diferentes aos habituais nestes días, deron boa conta dunha merenda deliciosa que trouxeron os alumnos/as da aula da profe Paula, comeron as 12 uvas ao son das campanadas, bailaron un pouco e, por suposto, sacamos miles de fotos para ter bos recordos desta super celebración.
Chegaron encantados!!! Con moitas ganas de contarnos todo o que viviu durante a mañá e sobre todo amosarnos o seu traballo.
ResponderEliminarMoitas gracias por compartir as fotos!!!
Agora a aproveitar estes merecidos días de descanso!!
Boas festas para todos!!!🥳🎉🥳🎄
Como disfrutan estes pementeir@s, xa se lles ve nas caras. Boas festas!!
ResponderEliminar