Hoxe iniciamos o segundo trimestre do curso escolar e tivemos un día ben completiño. para empezar xa levamos unha sorpresa porque cando entramos na aula atopamos uns paquetes encima dunha silla e tamén había unha carta misteriosa. Os pementeiros e pementeiras enseguida sacaron a conclusión de que os paquetes eran uns agasallos dos Reis Magos e ese papel cun lazo dourado seguramente era unha carta das súas maxestades de Oriente. Así que decimos ler a misiva e resulta que os Reis Magos din que están moi contentos con todo o que traballamos no primeiro trimestre e decidiron deixarnos unhas cousiñas para que disfrutemos todos/as xuntos/as como un fantástico equipo.
Despois de ler a carta, xa non podíamos esperar máis para abrir os agasallos. Así que fixemos un sorteo (porque todos querían abrilos claro) e tocoulles a Eric e Marco.
Como vedes ganas de comer galletas nunca faltan, pero despois coa barriga chea non había moitas ganas de estirar músculos e facer as asanas de ioga. ¿Ou será que con tanta festa de Nadal estamos un pouquiñooxidados/as? pois teremos que seguir movéndonos para que o noso corpo se faga forte.
¡BENVIDOS TODOS AO SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO!
Oh qué guai , Indira ten un xogo como ese e costanos moito seguir tendo as bolas ao completo jajjaa seguro que cando o vexa xa cho di ela, a ela regalaronllo o ano pasado e foi cun dos que mais disfrutou este veran sin duda , seguro que todos o disfrutan como ela. Que vos son estes reis magos 🥰
ResponderEliminar