viernes, 13 de enero de 2023

NELLY BLY, XORNAL E XOGOS

    Rematamos a primeira semana do segundo trimestre do curso con moitas cousas que contar.

  Continuamos reforzando a aprendizaxe dos números, seguimos pasando lista, "lendo" os nomes de todas/os as/os compañeiras/as da aula (e teño que dicir que estou moi contenta e orgullosa dos progresos que estamos a facer), contando cantos nenos/as hai no cole e na casa, e facendo sinxelas actividades impresas ao son da música que poñemos para tratar de ter un ambiente relaxado e agradable na aula.




                                     

      Entre traballos, actividades diversas e rutinas cotiáns, sempre hai tempo para xogar por suposto.






















                                       

 



  Seguimos avanzando no Proxecto Egeria. Sergio sorprendeunos cunhas cousas para o noso recuncho. Trouxo un globo terráqueo muy bonito no que podemos ver os continentes, os océanos, os polos... e tamén trouxo dos libros moi interesantes, un que se titula "Descubrindo o mundo" e que trae un montón de monumentos que xa coñecemos como  a Torre Eiffel, a Catedral de San Basilio, o Taj Mahal e moitos máis e outro sobre unha intrépida muller chamada Nellie Bly.
   A verdade é que me encantou que trouxera este libro porque así aproveitamos para falar de moitas cousas como "A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne, de Phileas Fogg, da importancia de que as mulleres teñan liberdade para cumplir os seus soños como fixeron Egeria e Nellie Bly e ata falamos (e miramos un libro) sobre NewYork.

 

  Nelly Bly foi unha periodista americana, tremendamente concienzada cos temas sociais que ela consideraba que debía mostrar aos lectores dos periódicos, que defendeu o dereito das mulleres a ter un posto profesional ao mesmo nivel ca os homes, unha muller curiosa, decidida, emprendedora, valente, solidaria e resolutiva. Cando xurdeu a idea de emular a Phileas Fogg, o protagonista da novela de Julio Verne, e tratar de romper ese récord de dar a volta ao mundo en 80 días, ela quiso ser a persoa encargada de acometer ese reto. Por suposto, ninguén pensaba que unha muller podía facelo, e unha das explicacións que daban era que as mulleres levan moito equipaxe porque teñen moitos vestidos e moitos zapatos e accesorios e non sería viable percorrer o mundo a toda velocidade con tanto equipaxe. Nellie Bly con só dous vestidos e algunhas mudas, cun pequeno maletín de man, saiu de New York e 72 días máis tarde regresou ao seu punto de partida despois de lograr dar a volta ao mundo.




























                                              
    Por certo, se alguén máis quere enviar algunha cousa relacionada co Proxecto Egeria, para o noso recuncho na aula, pode facelo. Para a semana mandarei unha nota sobre esta cuestión.
   E, para rematar, comparto aquí unhas imaxes que me gustan moito porque mostran o momento en que os pementeiros/as  están lendo o xornal de infantil, que levaron hoxe para as casas, para que todos vós tamén o podades ler. 
    Novas de Infantil é un traballo do equipo de infantil que facemos con todo o noso afecto e dedicación profesional para deixar un recordo nas vosas casas de todo o que se vive ao longo dun trimestre no cole. Os blogs son un medio estupendo para facer visible o día a día do cole pero é algo máis fugaz, unha entrada vai desplazando á outra e, probablemente, ao cabo duns meses, non se volva atrás para recordar cousas. En cambio, o papel, o xornal tradicional, igual que un libro ou un álbum de fotos, permítenos unha visualización relaxada, ao ritmo que nos pida o corpo a cada un, sentados nun sofá ou reunidos en familia comentando detalles. Ten esa permanencia no tempo que algúns aínda valoramos, ese pracer de revisar, de reler unha e outra vez algo que nos gusta. E tal como dixo hoxe Irea:
  -A min gústame moito este periódico, xa o lin tres veces e vouno ler outra.
  Esperamos que as familias o disfrutedes como fixeron os nenos/as.





























No hay comentarios:

Publicar un comentario

OPERACIÓNS MATEMÁTICAS

    As mates están presentes no nosos día a día. Constantemente facemos cálculos e os nenos e nenas tamén, de xeito instintivo e con natural...