Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de enero de 2026

¡A DORMIR QUE LLUEVE YA!

   Estamos disfrutando moito coas poesías de Gloria Fuertes. Así que onte estivemos gravando unha moi divertida que, ademais, ten moito que ver con este tempo tan chuvioso que estamos tendo. Teño que dicir que case todos/as querían recitar e que os gravara, a algún animeino un pouquiño porque eu tiña ganas de que comprobaran que o poden facer e que despois é moi bonito verse na gran pantalla. O que pasa é que tamén temos que comprender que falar ante unha cámara provoca un pouquiño de nerviosismo. eso sí, os nenos e nenas que xa gravaran no primeiro trimestre tiñan ganas de repetir e, nesta ocasión, prioricei o feito de darlles a oportunidade aos que non o fixeran anteriormente.

   O proceso de gravación non está resultando complexo, en xeral vai bastante rápido. Só temos que lograr que falen un pouquiño alto para que o son quede rexistrado na cámara (teño que mercar un micrófono xa!) e o máis difícil: conseguir que mentres un neno ou nena está falando, os demais teñen que respectar ese traballo manténdose en silencio e iso costa moito. Pero así imos aprendendo a ter paciencia, a comprender o que é traballar en equipo e a valorar o esforzo propio e o dos demais.

   E agora aquí vai o resultado. Espero que o disfrutedes porque quedou moi chulo. Van sair moitos poetas desta clase!



domingo, 16 de noviembre de 2025

POESÍA E IOGA

    Xa nos estamos mergullando nun dos núcleos do noso PROXECTO BLABLALANDIA, a figura da poeta Gloria Fuertes e a súa poesía. Empezamos pouco a pouco a decorar os espazos de infantil e a aprender algunha sinxela recitación. 


   Decorar con imaxes estes espazos polos que nenas e nenos se moven cada día non é algo trivial ou carente de importancia. As ilustracións, debuxos, fotografías axudan a chamar a atención dos peques, a estimular os seus sentidos e fomentar a creatividade, a xerar diferentes emocións, a potenciar a curiosidade e as ganas de aprender e investigar, a relacionar conceptos e contidos traballados, e a facer o día  a día máis divertido e agradable.
    Os nenos e nenas da Pementeira xa coñecen a Gloria Fuertes e failles graza vela na entrada de infantil. Están memorizando as súas poesías e o venres fixemos a nosa primeira gravación recitando un poema.
    Ao principio todos/as querían recitar pero resulta que cando se enfrentaban así directamente á cámara non saían as palabras, falaban moi baixiño (e a cámara non rexistraba o sonido) ou querían recitar unha parte que xa estaba gravada por outro compañeiro/a. Así que houbo importantes aprendizaxes:
  • Cando traballamos en equipo hai que repartir tarefas e temos que asumir o que lle toca a cada un.
  • A atención é moi importante, hai que escoitar e ter paciencia.
  • Mentres gravamos temos que manter o silencio para non confundir ao compañeiro/a que está falando e para que se escoite claramente a súa voz.
  • Enfrentarse a unha cámara impón e é normal poñernos nerviosos/as; se non o facemos ben a primeira vez hai que repetir ou intentalo outro día.

     Estou moi orgullosa de que o quixeran intentar. O resultado final foi estupendo e fixemos a actividade rapidiño, non precisamos repetir case nada. 
   Quero felicitar a todos/as os que intentaron recitar porque ter ganas e valentía para facelo é o primeiro paso. Seguiremos practicando e facendo máis gravacións coma esta e seguro que pouco a pouco todas/os participarán. Penso que todo o grupo sabe a poesía ( e iso é o importante) e gravar é algo accesorio pero como eu sei que lles encanta verse nos vídeos quero que se vaian animando a facelo sen poñerse nerviosos/as porque non pasa nada (comprendo o que sinten porque poñerse diante dunha cámara non é doado e eu son a primeira que me poño nerviosa) e, finalmente, é moi divertido verse e compartir estas experiencias en familia.
   Mirade que ben quedou o poema "En mi cara redondita":


   Como todos os venres fixemos a nosa sesión de ioga semanal. Empezamos respirando profundo, estiramos corpo e extremidades e rematamos coa postura do "bebé feliz" (Ananda Balasana). Acabamos a sesión con moita enerxía positiva.









                                       


                                       



                              

                                  

                                   
                      
                                  
                                    

     





                                                                                                                         
                                       

                                       

domingo, 19 de octubre de 2025

GALOPÍN, FOLLAS DE OUTONO E IOGA

    Non sei se os pementeiros e pementeiras falan na casa de Galopín porque na aula disfrutamos moito con el. É un cabaliño moi viaxeiro que galopa polo mundo e nos vai mostrando fantásticas obras de arte e paisaxes abraiantes. Ademais, Galopín, móstranos que non sempre nos movemos a toda velocidade, que hai diferentes ritmos. Unhas veces imos a modiño, outras un chisco máis rápido e outras a toda velocidade. Nin que dicir ten, xa imaxinaredes, que nesta clase todas e todos queren ir a toda velocidade porque lles parece moito máis divertido.

   Pois mirade, Galopín, o noso cabaliño  cambia de cor e vai (ata o de agora) a catro lugares diferentes. Así é a recitación que repetimos xuntas/os:


       E aquí están os lugares que visita:
       1.- París, onde ve a Torre Eiffel
´      2.- Estambul, onde ve Santa Sofía de Constantinopla


           3.- Japón, onde ve o Monte Fuji


       4.- China, onde ve a Gran Muralla China

   Pero non só viaxamos con Galopín polo mundo, senón que tamén estivemos pintando unhas follas de outono coas cores características desta época do ano: marrón, laranxa, amarelo e vermello. Os bosques no outono mostran cores ben fermosas.











 







































      E seguimos facendo ioga. Cada venres vou notando que hai máis ganas de facer ben as posicións, parece que hai máis concentración e imos conseguindo momentos de calma. Encántame ver eses momentos nos que intentan reproducir unha asana, e tamén cando se sorprenden vendo que a profe fai algo que lles parece difícil porque iso indica que hai intención de superar retos. Espero que cada día lle poñan máis ganas xa que esta disciplina ten moitos beneficios e eu sei que o van disfrutar cada vez máis. Tamén están aprendendo a facer intentos e a non conseguir algo á primeira sen frustrarse. Moitas veces teñen medo de intentar calqueira cousa porque lles costa asumir que non foron capaces. Por iso cando vexo que se poñen contentos/as porque o intentaron e eu lles digo que a próxima vez sairá mellor e canto máis practiquemos, máis perfección lograremos, penso que xa estamos cumplindo un obxectivo importante: aprender a esforzarnos e a postergar o éxito, aprender que podemos mellorar e ter ganas de facelo, valorar os pasiños que imos dando e disfrutar dese camiño.
































    Estas dúas asanas, fixémolas con moito coidado . É importante colocarse ben e non ter prisa xa que son dúas posicións nas que forzamos un pouco a colocación do pescozo  e hai que ter coidado de non mancarse. Por iso a profe foi colocando a cada neno/a con tranquilidade, dando indicacións e deixando que a postura fora evolucionando según as capacidades de cada un. Non se trata de forzar senón de ir deixando que o corpo se vaia colocando, procurar manter unha alineación entre as pernas, o tronco e a cabeza e ir vendo o que somos capaces de facer. A primeira vez non vai ser perfecto pero estamos aprendendo a colocarnos e a intentalo. Insistín moito en non apresurarse, en non mirar para os lados e en non facer moita forza no pescozo porque podemos mancarnos.













































    Verdade que o están facendo moi ben? E seguirán mellorando e acadando máis precisión, equilibrio e coordinación!

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!!

      Xa estamos de volta! As vacacións de verán remataron e damos inicio ao curso 2026-27. Que ganas temos xa de vernos, falar, cantar, esc...