O luns celebramos o aniversario de África, que xa forma parte do club dos 5. Chegou toda contenta disposta a celebrar o cumple coas compañeiros e compañeiras do cole, escoitar as súas felicitacións e compartir as súas galletas de Minnie. África estaba emocionada e nerviosa ao mesmo tempo.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
miércoles, 31 de enero de 2024
O ANIVERSARIO DE ÁFRICA
jueves, 25 de enero de 2024
PREPARANDO O DÍA DA PAZ
O día 30de xaneiro celebramos o Día da Paz e como a PAZ é unha cuestión importante, da que temos que falar e pola que temos que loitar cada día (vendo a situación mundial tan pouco edificante), pensei que deberíamos adicarlle máis días que un a reflexionar sobre a importancia de construír entre todos/as un mundo máis pacífico. Na Pementeira temos que insistir moito en cuestións como: COMPARTIR, ESPERAR, ESCOITAR, RESPECTAR, COOPERAR, COMPRENDER AOS OUTROS/AS, POÑERSE NOLUGAR DOS DEMAIS... Os nenos e nenas de 4 anos son aínda egocéntricos, buscan atención constante, disfrutan chamando a atención, ven o mundo a través dos seus ollos unicamente e en función dos seus sentementos (o que se chama realismo infantil que implica que non distinguen entre un feito obxectivo e a percepción individual dese feito dominado pola emoción), son moi activos, gústalle ter amigos pero tamén son moi esixentes, intentan sobrepasar límites... Todo isto fai que as aulas de 4 anos sexan como un polvorín na que hai moitos pequenos conflictos cada día. Todo isto son cuestións evolutivas pero hai que ir traballando certas cuestións, certos valores e axudar aos peques a reflexionar sobre certos comportamentos e as súas consecuencias para que vaian desenvolvendo un espíritu crítico e vaian acadando un pensamento máis complexo.
O luns lemos un conto que a min me encanta porque extremadamente sinxelo, con debuxos moi, moi esquemáticos e textos moi breves pero que, con esa economía de recursos, transmite unha mensaxe profunda, chea de intencións e cargada de ensinanzas.
TRES CUMPLES PARA EMPEZAR O 2025
O mes de xaneiro de cada ano´ está cheo de bos propósitos, de ganas de iniciar novos propxectos, de cambiar malos hábitos e de poñer ...
-
Na Pementeira, cada día se van percibindo novos avances e, en certas tarefas, xa se nota moita máis seguridade e confianza. É certo que...
-
Hoxe tivemos un día moi especial na Pementeira. Grazas á avoa e á mamá de Carla puxemos en marcha unha experiencia que pode resultar moi i...
-
¡Por fin logramos facer o noso volcán pementeiro! Xa levábamos tempo falando do volcán e eu intentando crear o momento preciso para facelo ...